03 12 06 REVOQUEIRA – MON – PESOZ (San Martín de Oscos e Pesoz) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Concellos de San Martín de Oscos e Pesoz (Asturias)
ACCESO: A San Martín chégase pola estrada AS - 11 que sobe dende A Veiga ao Porto da Garganta. Logo aquí seguimos en dirección Vilanova de Oscos pola AS - 13 ata San Martín onde temos que coller á esquerda por unha pista local que nos vai levar a aldea de Revoqueira, onde comeza esta rota.
HORARIO: De 4 a 5 horas DESNIVEL: 560 m de baixada e 150 m de subida.
DIFICULTADE: Baixa DISTANCIA: 12 km TIPO DE ROTA: Travesía
DESCRICIÓN DA ROTA: En Revoqueira comeza esta camiñada, paralela o río Ferreira pero bastante por riba del porque nesta parte o relevo do chan faino practicamente inaccesible. O camiño, primeiro pista, pasa a ser un carreiro de cómodo andar, con fermosas vistas do río e as aldeas que temos enfronte. Vamos andando en dirección sur - leste, que será mais ou menos durante todo o percorrido, para chegar a aldea de Mon onde existen as ruínas dun vello palacio.
Seguimos o camiño que sae polo fondo desta aldea case deshabitada para coller un carreiro entre bosques de castiñeiros que nos vai seguir deleitando con fermosas vistas sobre do río e os acantilados que o rodean. Atopamos unha cabana nun prado e unha especie de miradoiro, ao cal non está demais achegarnos, para botar unha ollada á paisaxe que temos nun amplo horizonte con o río Ahío despois de recibir as augas do Ferreira. Logo comezamos a baixada, bastante marcada en dirección ao mazo de Mon. Este fermoso paraxe xunto ao río, vese ensombrecido pola pésima reconstrución do mazo, con cuberta a base de chapas de “uralita” que o fan bastante desagradable. Aínda queda nesta antiga edificación os restos duns xeradores que daban electricidade as aldeas do entorno.
Dende este sitio, un camiño cruza o río por unha precaria ponte de madeira mais nós debemos volver polo mesmo sendeiro ata unha curva próxima. Aquí seguimos de fronte atravesando un tramo de monte bastante cerrado, logo o sendeiro pasa a ser unha chan e cómoda pista a cal seguiremos un bo tramo.
Debemos ir pendentes porque mais adiante temos que abandonar a pista e baixar por un carreiro case imperceptible que sae pola nosa esquerda. Pasamos xunto a unhas casas abandonadas chamadas El Molino, o carreiro e do mais fermoso neste tramo, rodeado de castiñeiros e árbores frondosas, fan agradable o noso camiñar. Máis adiante atopamos outro núcleo rural chamado Sequeiros tamén abandonado para proseguir faldreando a Loma de Sequeiros e baixar o río Agüeira o cal temos que cruzar por unha ponte de formigón.
Dende esta ponte, todo o andar que nos queda e costa arriba pero xa queda moi pouca distancia para acadar as primeiras casas de Pesoz.