05 09 09 Pico Almanzor (Candeleda e Zapardiel de La Ribera) Ávila
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Serra de Gredos (Ávila)
PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Elola
HORARIO: 5 horas DESNIVEL: 647 m.
DIFICULTADE: Alta TIPO DE ROTA: Ida e volta
DESCRICIÓN DA ROTA: Xunto a porta do refuxio un poste indica : AL ALMANZOR. Collemos o sendeiro que no comezo nos leva a Hoya Antón, lugar onde se recomenda facer abasto de auga xa que o rumbo será distinto do traído ata agora.
Colleremos a canle da Portilla Bermeja, onde podemos atopar, a medio camiño, un grande neveiro anque a estación sexa avanzada. Xiramos en dirección oeste pola fonda canle da Portilla del Crampón, este accidente é unicamente visible na súa plenitude dende o Cuchillar de las Navajas ou cando se remonta Portilla Bermeja (2.045 m). Esta canle parte ó Almanzor en dúas metades con unha inclinación próxima os 45º. Unha vez chegado a Portilla del Crampón o panorama que se presenta diante de nós é único, a vertente que mira ó Tiétar esténdese polas ladeiras vertixinosas, con un desnivel non lonxe dos 2.000 m precipitándose pola Garganta Tejea ou do Asperón.
A vertente que cae a Laguna Grande, acada case a vertical, atópase formada por unha compacta muralla agretada e rota por treitos, o aspecto do granito e verde-negro e o risco terminal que emerxe daquela impoñente masa de rochas, e dun ton escuro, case negro.
Temos que superar pasos (PD – máximo II) para acadar o cume, dende o cal o panorama é único, con unha grandiosidade insospeitada, é un balcón natural que nos permite estender a mirada ata confíns incribles, vemos vales e gargantas fondas, miradoiros suspendidos no bacío, rochas informes que suspende o ánimo nunha sensación de vertixe, en días claros pódense ver as dúas Castelas, Extremadura e Portugal.
Ó oeste do Almanzor, na vertente sur e a menos de 100 m emerxe o Cuerno del Almanzor (2.538 m) o cal podemos visitar superando pasos (PD – máximo II).