05 08 07 Peña Castil (Cabrales) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Macizo Central de Picos de Europa (Urrieles) Cabrales - Asturias
PUNTO DE SAÍDA: Invernales do Texu
ACCESO: Na estrada N-634 en Arriondas coller a Cangas de Onís e Arenas deCabrales. De aquí tomar a estrada a dereita que vai a Poncebos e Sotres.
HORARIO: De 7 a 8 horas DISTANCIA: 15 km DESNIVEL: 1.564 m
DIFICULDADE: Alta, polo desnivel a salvar TIPO DE ROTA: Circular
Peña Castil e un dos mellores cumes en canto a situación no Macizo Central. Dende ela pódese ver unha magnífica panorámica de todo o sector noroeste do macizo. A parede norte do Pico Urriellu, pouco coñecida dende esta perspectiva e os cumes mais altos de Ándara asomando por detrás do Cordal de Juan de la Cuadra.
DESCRICIÓN DA ROTA: Dende os invernais de El Texu (Sotres), subimos ata o Collado de Pandébano polo camiño que case todos coñecemos polas diferentes veces que o pasamos camiño de Vega de Urriellu. Dende este cimbro seguimos cara a Terenosa (SO) e antes de chegar a esta braña abandonamos o sendeiro para comezar un largo i empinado ascenso cara a Canal de Las Moñas. Por un sendeiro que case non se ve, subimos en zigzag para ir gañando metros con pouca dificultade. Cando cheguemos as primeiras rochas, atravesamos a esquerda (E) para entrar na Canal de Las Moñas que nos vai levar a braña do mesmo nome.
Seguimos por un camiño de bo trazado que atravesa diagonalmente cara ao oeste as suaves ladeiras setentrionais de la Cabeza de los Tortorios. Así chegamos a un primeiro cimbro tras o que se agocha un pequeno foxo e logo cruzamos horizontalmente a parte mais alta da Cuesta Sierra que se prolonga con unha regularidade pouco común en Picos de Europa ata o Monte de la Varera, varios centos de metros por debaixo.
Parece agora que non temos continuidade debido a franxa rochosa que cae en vertical pero unha pequena brecha por un sistema de cornixas que nos levan cara a esquerda (E), póñennos na Horcada Camburero escondida tras a Cabeza de los Tortorios e ábrenos paso cara ao outro lado, o Valle del Agua.
Dende a Horcada Camburero só temos que subir pola costa pendente que nos separa de Peña Castil, que se alza sobre un cimbro, cortado con pequenos resaltes ao final.
Baixamos outra vez ata Horcada Camburero polo mesmo camiño e unha vez nela, comezamos a longa baixada xirando a dereita (E) pola Canal de Fresnedal. A baixada pode facerse directamente pola Riega de Camburero, ou dando un pequeno rodeo por unha canle secundaria a esquerda para pasar así pola Majada de Carbonal. Dunha forma ou de outra, o mais fácil na parte baixa da canle e ir a parar a Majada de Fresnedal, situada sobre o fío da lomba que baixa de Peña Castil, na súa parte mais baixa. Seguimos desta maneira un bo sendeiro, que sen problemas nos vai deixar nas Vegas de Toro onde enlazamos con unha pista que ven de Áliva que recorre o val do Duje ata os invernais do Texu, onde comezamos a rota.