05 07 25 Curavacas (Triollo e Cervera del Pisuerga) Palencia

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Triollo e Cervera del Pisuerga (Palencia)

PUNTO DE PARTIDA: Vidrieros

ACCESO: Seguindo a Ruta de los Pantanos dende Cervera del Pisuerga ou Velilla chegaremos a Triollo onde tomamos a estrada local a Vidrieros.

HORARIO: 5/6 horas                    DESNIVEL: 1.200 m             DISTANCIA: 8 km

DIFICULTADE: Media/alta               TIPO DE ROTA: Ida e volta

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Abandonamos a pequena praza de Vidrieros pola rúa Chica, pasando por detrás dunha atractiva casa rural para tomar a pista que sae da aldea en dirección oeste. Despois duns minutos cruzamos o regato de Cabriles e xiramos cara ao norte para seguir un sendeiro que nos leva entre piornos e árbores ata un pequeno prado que sinala o comezo do noso “calvario”. Hai numerosos fitos ao largo de toda a rota, pero para subir ata a entrada de Callejo Grande e conveniente dirixirse primeiro ao Collado del Hospital, un ancho e herboso cimbro ao este do cume. O nome deste cimbro chamará a atención a quen intente esta ascensión sen a forma física necesaria, pero máis cedo ou máis tarde poñeremos pé na pequena repisa que existe ao pe das rochas que forman a parede oriental de Callejo Grande.

            Na práctica, cústano menos subir por esta canle que polas pedreiras inferiores. O camiño está ben marcado e en nalgúns sitios transcorre entre pequenas repisas e viras de herba. Ademais, en todo momento, chamaranos a atención a curiosa forma da rocha conglomerada que nos rodea. Cuberta por un atractivo lique verde, parece mentira que unha rocha aparentemente inestable poida facer paredes tan verticais. Un entorno verdadeiramente impresionante que nos ha facer esquecer as penurias anteriores.

            Superado algo máis da metade da subida por Callejo Grande, aparece un pequeno cimbro herboso enriba e a dereita. A de tentarnos moitísimo, e anque nada perdemos subindo ata el, a rota correcta atravesa nesta punto horizontalmente cara a esquerda. Logo atacamos o tramo final, que resulta moi entretido, e que nos conduce a unha pequena brecha e a crista da montaña.

            Aquí a recompensa por todo o noso esforzo son as espléndidas vistas do val de Pineda ós nosos pés, as montañas da Pernia cara ó noroeste e os Picos de Europa no norte. De golpe o sufrimento queda desprazado polo fondo pracer dunha panorámica que saboreamos de forma especial debido precisamente o esforzo feito para acadar o cume.

            Para chegar ó cume, solo precisamos cruzar a brecha, o cal facemos con algúns pasos de trepada, e ganamos a cara norte da montaña. Aquí atoparemos a Llana, curioso nome para a inclinada ladeira que nuns poucos minutos nos deixará no cume do Curavacas.

            As panorámicas agora son tremendas, en todas direccións, non chega unha hora para adiviñar todos os cumes e aldeas que vemos ó redor.

            Comezamos a baixada que faremos pola mesma rota e aproveitaremos para tomar un grolo no pequeno bar da praza de Vidrieros