05 07 23 PICO ESPIGÜETE (Velilla del Río Carrión) Palencia
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Velilla del río Carrión (Palencia)
PUNTO DE PARTIDA: Cardaño de Abajo
ACCESO: Pola Ruta de los Pantanos dende Cervera de Pisuerga ou Velilla del río Carrión.
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 1.140 m. DISTANCIA: 15 km.
DIFICULTADE: Media/alta TIPO DE ROTA: Circular
DESCRICIÓN DA ROTA: Dende Cardaño de Abajo seguimos a estrada P – 210 cara o norte ata Ponte Agudín, onde collemos a desviación de Cardaño de Arriba. Cando cheguemos ao regato Mazobres, seguimos pola pista que sobe á esquerda para entrar no val do Mazobres. Cando a pista xira sobre si para volver ao refuxio de montañeiros, abandonamos a pista e seguimos un camiño con o regato Mazobres á nosa dereita. Desta forma chegamos á base da fervenza de Mazobres que queda na entrada da Hoya de Martín Vaquero.
O val do Mazobres marca perfectamente a liña de contacto entre a caliza o sur e o conglomerado da marxe oposta do regato. Sen achegarnos á fervenza, e con o pequeno regato que baixa dende o cimbro Arra á dosa dereita, seguimos pequenos fitos e remontamos por terreo bastante empinado, parte herba e parte rocha para alcanzar a Sima del Anillo, que, como o seu nome indica, e un sumidoiro das augas que baixan da vertente norte do Espigüete. A boca aberta no terreo pola sima é impresionante é está protexida por uns arames para evitar a caída do gando.
Temos de fronte unha gran rampla pedregosa, a medida que nos achegamos os fitos aparecen con frecuencia, ata que de repente nos atopamos subindo por ela nun ambiente que se volve sombrío e húmido, unha delicia para un día de calor.
A rampla non da opcións a que nos perdamos, cerrada pola esquerda por grandes paredes e á dereita por grandes placas de rocha pouco atractivas.
Cando unha parede vertical cerra a rampla por riba, non nos queda máis remedio que avanzar en diagonal cara á dereita. Este e o momento máis delicado da subida, dado o exposto do terreo á nosa dereita, pero que de seguida as cousas simplifícanse e saímos á crista entre os dous cumes da montaña, o leste (2.428 m.), que nos queda á man esquerda e o cume oeste (2.450 m.), uns minutos máis arriba, á dereita.
O macizo central de Picos de Europa queda ao norte; xirando cara ao leste temos Peña Prieta, Peña Sagra, o Curavacas, Valdecebollas, Peña Redonda e Peña Mayor ao sur Peña Corada, Pico Moro, os cumes de Riaño, Peña Ubiña, Pico Torres, o Mampodre, Peña Ten, Tiatordos, e por último o macizo occidental de Picos de Europa. Vaia regalo si o día acompaña.
Para baixar volvemos ao punto dende onde saímos nas ramplas da cara norte, pero esta vez xiramos ao sur e comezamos a baixada por unha gran pedreira, a Vía de la Pedrera, que na súa metade inferior está sinalada con pequenos fitos. Unha vez acadamos a vexetación, buscamos o mellor camiño para baixar ata a pista que cruza todo o flanco sur do Espigüete e que une Cardaño con o Collado de Cruz Armada que da acceso á aldea de Valverde de la Sierra, xa en terras leonesas. A pista a de levarnos sen ningunha complicación a Cardaño.