05 06 19 VALLE DE ARBÁS (Casares de Arbas e Villamanín) León

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

PUNTO DE PARTIDACasares de Arbas – Villamanín (León)

ACCESO: Dende Oviedo, polo porto de Pajares, chegar a Villamanín e coller o desvío que vai a comarca de Luna que pasa por Casares de Arbas.

HORARIO: De 4 a 5 horas                DESNIVEL: 300 m.                     DISTANCIA: 13 km.

DIFICULTADE: Baixa                      TIPO DE ROTA: Circular             MAPA: I.G.N. – 103 – I

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A praza de Casares de Arbas marca o comezo desta rota. Dende aquí comézase a camiñar en dirección á igrexa, para poder coller un camiño que vai paralelo o regato Casares. Cando deixamos a aldea, o camiño sobe rapidamente ata chegar a unha cabana, situada na vertente norte do macizo das Tres Marías. Despois dun pequeno tramo de suave pendente, esta volve a ser forte ata a Collada Gistreo, punto máis alto da rota. Dende este cimbro, podemos facer a ascensión as Tres Marías, para volver polo mesmo camiño. A baixada continua polo camiño ata o punto onde existe unha curva de 180º, onde se deixa para tomar un carreiro que descende zigzagueante polo piñeiral para contactar con a pista que ven de Viadangos polo fondo do val, non sen antes haber cruzado o regato de Viadangos.

    Comeza a baixada pola pista e antes de cruzar de novo o regato, pásase preto dunhas cercas e das ruínas dunhas cabanas, unha de planta rectangular que ainda se atopa en pé, en parte, e outra circular totalmente derruída.

    A pista volve a cruzar o regato nunha ocasión para acadar a marxe esquerda e pouco despois, a rota desviase e segue pola mesma marxe mentres que a pista faino pola vertente contraria ao val. Ao chegar a Viadangos, cóllese o camiño da dereita e séguese o val arriba un tramo ata o desvío que leva cara á Peña Muerca. Sóbese por unha pista de novo trazado ata un bebedeiro dende o cal se continua ata o cimbro dende o que se divisa Casares.

    A partir de aquí, comeza unha baixada por un camiño ata contactar coa estrada, pola que continua a rota durante un quilómetro para chegar a Casares, onde remata esta rota.