05 09 08 Navalperal – Laguna Grande de Gredos (Navalperal de Tormes) Ávila

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Serra de Gredos (Ávila)                                               

PUNTO DE PARTIDA:  Navalperal de Tormes

ACCESO: Dende o Barco de Ávila pola AV - 941

HORARIO: 6 horas              DESNIVEL: 523 m               

DIFICULTADE: Media                      TIPO DE ROTA: Travesía

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Partindo de Navalperal cruzamos o río Tormes por unha ponte de ferro e seguimos a dereita por unha pista forestal que subindo nos vai levar a unha antiga braña de cabras dende a cal xa podemos ver a ancha Garganta de Gredos. Cruzamos por outra ponte metálica chamada de Gredos ou das Ranas e seguimos pola pista, agora a esquerda, ata acadar os Rollares del Soto, que é un paradisíaco lugar onde se xunta a Garganta de Gredos e a de Pinar.

            Seguimos o camiño pola marxe esquerda (orog.) da Garganta de Gredos, temos a dereita o Cerro de las Peñas para chegar as brañas de Labraillos. Vamos camiñando agora por unha grande amplitude, xa que a garganta vaise abrindo como veremos cando cheguemos a ponte de Roncesvalles.

            A nosa esquerda aparece a garganta de Pozas, pero nesta confluencia, nós seguimos de fronte, tendo a nosa dereita a Cuerda de las Chorreras e a esquerda a Cuerda del Cuento e así chegamos ó lugar coñecido como Navazuela.

            Logo no camiño pasamos por Pinarejos, lugar recoñecible, xa que existen as ruínas dunha estación de aforo mandada facer a principios de século polo enxeñeiro Sr. Azarola, pensando nun complexo hidroeléctrico, sorte que non se levou a cabo.

            A esquerda asoman os impoñentes barrancos dos Barrerones, pola dereita desauga a Hoya Nevada Bajera. Ímonos aproximando a cabeceira do val glaciar da Garganta de Gredos e a abrupta topografía da serra mostra a pegada da extinguida dinámica glaciar. A cabeceira deste val xeado foi invadida polos xeos, acadando unha lonxitude aproximada de 4,5 Km.

            Chegamos os Callejones, onde tributa pola esquerda (orog.) o Gargantón. Nós damos vista a Peña del Rayo, o camiño aquí é máis duro, dando a impresión as veces que nunca chegaremos a desexada Laguna de Gredos, a cal damos vista, logo, despois de seis horas de camiñada.