05 09 18 Pendones – Orlé (Caso) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Redes – Caso (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Pendones

ACCESO: Dende Oviedo pola estrada que vai ao Porto de Tarna AS-17 ate o desvío máis aló de La Foz que nos leva a aldea de Pendones.

HORARIO: 5/7 horas             DESNIVEIS: 700/1000 m                DISTANCIA: 11/14 km

DIFICULTADE: Baixa/media      TIPO DE ROTA: Travesía           MAPAS: I.G.N. 54 – IV – 79 - II

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A camiñada de hoxe parte da aldea de Pendones, visitada anteriormente por Pena Tallada, cando subimos ao Pico Tiatordos.

            No remate da estrada que sube a Pendones (750 m) temos un bebedeiro, xunto ó cal arranca unha pista a esquerda que nos conduce ó depósito de auga. Seguindo este camiño, en suave ascenso chegamos despois de pasar varios desvíos as cabanas de La Quemada.

            A altura do bebedeiro que existe en La Quemada, colleremos un camiño a dereita que nos vai introducir nun frondoso bosque. Así, tras unha nova desviación a esquerda chégase ó cimbro de La Degollada (1.204 m) onde a pista entronca coa que ven dende a área de La Cantera. O itinerario segue por dita pista en dirección a braña de Juacu, onde ó abeiro das penas consérvanse ainda algunhas cabanas de pastores.

            Dende o Juacu, seguimos ascendendo polo camiño en dirección a Collau Capiella (1.439 m), tallado entre o Picu la Senda e La Carrasca (1.705 m), onde se temos sorte poderemos observar rabaños de rebezos que por alí pacen. Este e un punto de miradoiro privilexiado, pois poderemos gozar de fermosas vistas do bosque do Monte de Redes, Cantu del Osu e Puerto Tarna, ó sur; o Tiatordos e Maciédome, ó leste; e o val de Orlé e a Collada de Arniciu, ó norte.

            Dende as campeiras deste cimbro, divisamos un fito de deslinde cara ó cal debemos camiñar. A vista agora ábrese ó val de Capiella, sucado polo regueiro do mesmo nome. Agora comeza o descenso seguindo o sendeiro que deixa a esquerda o rego ata chegar ó fondo do val, no punto en que se xuntan as augas do Capiella e o Riu Orlé.

            O itinerario segue agora, paralelo as augas do Riu Orlé a sombra de frondosos faiedos, para chegar as cabanas  e praderías de Conforcos (1.050 m) onde a dereita ainda se conserva un antigo refuxio de cazadores. Proseguindo o camiño na mesma dirección chegamos máis tarde a braña de L´Acebal  (1.000 m) situada nun fermoso e verde rechán.

            A partir de L´Acebal, o sendeiro transfórmase nun camiño empedrado que baixa xunto ó río, cruzándoo polas pontes de Vallumasaltu e Vallu. Xa non queda máis que proseguir pola pista que, deixando a esquerda o río, chega a localidade de Orlé (700 m)onde rematamos a rota.  

 

            La Carrasca (1.705 m.)

 

            Dende o cimbro de Capiella, quen queira ten a oportunidade de subir ao modesto cume de La Carrasca. Para eso deberá superar un desnivel duns trescentos metros dende dito cimbro que a través da Collada  Campigüeños nos achega ó cume. A baixada faise pasando xunto a unhas cabanas derruídas, logo o camiño entre faias baixa pola Foz de Valloseru ata a fonte de Melordaña (1.250 m). O sendeiro agora sae desta braña para baixarnos a través da Foz de Molordaña por chanzos tallados na rocha e logo conecta co camiño de Orlé preto da braña de Conforcos (1.050 m).