05 10 16 Puerto de Las Señales – Tabayón – Tarna (Caso) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Parque Natural de Redes – Caso (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Puerto de Las Señales (1.627 m)
ACCESO: Dende a autoestrada Oviedo – Santander, collera estrada AS - 17 que vai a Langreo e ao Porto de Tarna.
HORARIO: De 5 a 6 h DESNIVEL: 162/442 m de subidas e 900/1.180 m de baixadas
Subida ao Remelende, 100 m dende a Collada de Llastres de Moneu).
Rebollos de Llanu del Toro, 180 m dende Terreros.
DISTANCIA: 13/16 km DIFICULTADE: Baixa/media
TIPO DE ROTA: Travesía MAPAS: I.G.N. – 79 – II – IV
DESCRICIÓN DA ROTA: Antes de comezar esta travesía visitaremos a fonte La Nalona (1.460 m), lugar onde nace o río máis longo e caudaloso de Asturias, o Nalón.
A rota imos comezala no porto de Las Señales (1.627 m). Dende o alto sae a dereita, unha pista forestal cara a unha pradería onde existen unhas pequenas lagoas. Neste punto abandónase a pista para seguir en dirección norte polo sendeiro que vai ó Llanón de Utras, planicie pola que corre un regato que, no inverno, inunda toda a zoa. Dende aquí, comézase a subir ó cimbro de Les Llastres de Monéu (1.789 m), onde ainda existen algunhas estacas do antigo deslinde.
A dereita podemos ver os cumes do Porrones de Monéu e Remelende. A ascensión a ambos, sen moito esforzo, pode realizarse seguindo a divisoria das augas de Asturias e León. A vista dende o pico Remelende (1.889 m) e unha das máis fermosas do Parque porque, dende esta atalaia sobre o porto de Tarna, os vales do Nalón ao norte e Lillo ao oeste, ofrécennos unha paisaxe espectacular.
De volta no cimbro, comezamos a baixada cara ó Collau Musiquiellu (1.705 m), lugar onde non e raro ver rabaños de rebezos polo pico das penas. O camiño prosigue por un sendeiro que baixa a esquerda, primeiro case non se ve entre a vexetación, pero de seguida faise máis fácil e chega ó fondo do val da Riega Mongallu a altura da veiga do mesmo nome.
Proseguindo o camiño polo sendeiro ao norte chégase ata a parte superior do cantil que da lugar a fervenza do Tabayón, un salto de auga de singular beleza. A delicada baixada debe facerse seguindo os fitos de pedras a esquerda da fervenza, ata chegar as praderías de La Campona (1.160 m), dende a cal o Tabayón ofrece as mellores vistas.
O sendeiro arranca a dereita da Campona, de acceso restrinxido, que nos introduce no Monte Saperu, refuxio da pita do monte, corzos e xabarís. Afrontamos unha lixeira subida para despois avanzar en chan cara ao este. Cruzamos por unha ponte de madeira o regato Mongallu para acadar a fonte de Arellales.
Seguimos co noso camiñar cara a sombra do bosque vadeando o pequeno regato de Requexada, tras o cal, máis adiante, chegaremos ao cruceiro de camiños de Terreros (1.020 m). Aquí temos a posibilidade de desviarnos a Llanu del Toro, onde existen os famosos rebolos que acadan os dez metros de perímetro. De volta en Terreros seguimos a pista que pasa xunto ao cemiterio e chegamos a Tarna (990 m), vila, onde damos por concluída esta fermosa travesía.