06 09 05 Pico de Vignemale Francia
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Parque Nacional de Perineos. Macizo de Vignemale ou Comachibosa.
PUNTO DE PARTIDA: Encoro de Ossoue (1.834 m.).
ACCESO: Ó encoro de Ossoue chégase por pista dende a localidade francesa de Gavarnie (1.365 m.).
HORARIO: 8/9 horas DESNIVEL: 1.464 m. DISTANCIA:
DIFICULTADE: Alta TIPO DE ROTA: Ida e vota
DESCRICIÓN DA ROTA: O mesmo que para o Aneto, este día tamén temos que madrugar para evitar o sol, remontar o glaciar coa neve dura, e tamén, para evitar posibles tormentas que poidan desencadearse a partir da media tarde.
No encoro de Ossoue (1.834 m.) onde deixamos o coche, seguimos o sendeiro transpirenaico GR – 10 en dirección NO. Por este sendeiro xunto ó río, nunhas dúas horas, chegamos as covas de Bellevue que están escavadas na rocha podendo servir de abrigo en caso de tormenta ou mal tempo.
Durante todo o camiño as vistas cara atrás son excepcionais, podendo distinguir cumes como o Taillón, o Circo de Garvarnie ou a Brecha de Rolando. Xusto despois de pasar as covas deixamos o camiño principal e collemos un sendeiro sinalizado con fitos de pedras, que se dirixe cara a parede rochosa. Empezamos a subir por pedreiro ata chegar o xeo, por onde se soe subir máis de presa. A subida polo glaciar, sempre cara o oeste, non ten itinerario fixo, dependendo do estado das gretas, da visibilidade, etc. Sen embargo, soe haber pegadas que e conveniente seguir, tomando en todo momento as debidas precaucións pola posibilidade de gretas ou pontes de neve.
O camiño, a parte de estar marcado, faise evidente, temos que atravesar a base do glaciar e logo rodear pola esquerda unha zoa de gretas e xeo. Comeza unha zoa bastante empinada polo glaciar, onde temos que facer uso de grampóns e piolet para evitar esvarar, ata chegar a unha especie de tarteira, o Plateau Superior (3.180 m.), dende o cal contemplamos a Punta Chausenque, o Pitón Carré, o Pique Longue do Grand Vignemale, o Pic de Clot Hount, o Pic Central, o Pic de Cerbillona eo Montferrat.
Dende as covas ata aquí tardamos unha dúas horas non quedando máis de 20 minutos de subida pola zoa rochosa para coroar o Pique Longue.
Unha vez enriba, se o tempo o permite, aproveitaremos para achegarnos o cimbro de Cerbillona (3.195 m.), xunto as grutas de Russell e moi preto do pico da Cerbillona (3.247 m.), de subida moi fácil.
Os cumes de Pic du Clot Hount (3.389 m.), Cerbillona (3.247 m.), Agulla SW de Cerbillona (3.051 m.), Pic Central (3.235 m.), Montferrat (3.219 m.), Pitón Carré (3.197 m.), Punta Chausenque (3.204 m.) e Espalda Chausenque (3.154 m.) son facilmente accesibles dende o Plateau Superior, con trepadas fáciles a todos, que se poden facer cristeando ou ben, baixando cada vez a neve do glaciar.
A baixada dende o cimbro da Cerbillona ata as grutas de Bellevue, lévanos hora e media, baixando polo glaciar e outro tanto dende as covas ata o encoro de Ossoue.