06 04 14 Garganta de Los Infiernos – Los Pilones (Jerte) Cáceres

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Jerte (Cáceres)

PUNTO DE PARTIDA: Jerte 

ACCESO: Jerte está situado no km. 365 da estrada N – 110, na provincia de Cáceres

HORARIO: 5/6 horas                        DESNIVEL: 600 m.                DISTANCIA: 17 km.

DIFICULTADE: Media   TIPO DE ROTA: Circular            MAPA: Valle del Jerte (Editorial Alpina)

 

SINOPSE: Espacio natural recentemente nomeado reserva, no que hai que ter o máximo respecto coa natureza e o entorno. Todas as estacións teñen o seu interese: paisaxe na primavera, verán e outono, baños nos Pilones no verán, paisaxe de neve no inverno e máximo caudal do río pola garganta en outono e primavera.                                                                            

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Entre os lugares de Jerte e Cabezuela del Valle atópase o indicador da Reserva Natural. Collemos unha pista que de seguida se transforma en sendeiro subindo a sombra dun souto e máis arriba entre carballos chegamos a Los Tres Cerros onde se atopa o camiño polo que transcorre o PR – 1, rota de Carlos V.

            A rota coincide coa de Carlos V atravesando a garganta dos Tres Cerros polo Puente Nuevo e pasa pola braña de Zarzalones ata achegarse a Garganta del Collado de las Yeguas,onde deixamos o PR – 1 que continúa en ascenso pola esquerda, e á dereita vamos cara a ponte do Carrascal. Cruzamos o río para subir a braña de Piornalego, logo cruzamos a Garganta de Los Gavilanes e baixamos preto da Majada de Los Gavilanes ata a ponte de Sacristán fronte a un refuxio.

            Aquí comezan os Pilones, unha serie de pozos escavados no leito do río pola auga. Dende este lugar seguimos o sendeiro que baixa polo val ata o que foi campamento de Carlos V, na beira do Jerte. Dende aquí unha pista paralela ao río lévanos a Jerte onde comezamos a camiñada.