06 05 21 Porto de Somiedo – Pola de Somiedo (Somiedo) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Parque Natural de Somiedo (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Santa María del Puerto (1.486 m.)
ACCESO: Dende a N – 634, preto de Cornellana, cóllese a AS – 15 en dirección a Cangas de Narcea ata San Martín. Logo aquí collemos a AS – 227 que vai ao Porto de Somiedo.
HORARIOS: Nivel baixo: 5 horas. Nivel medio: 6 horas
DESNIVEIS:
Nivel baixo: 359 m. subida / 1.147 m. baixada
Nivel medio: 492 de subida / 1.280 de baixada.
DISTANCIAS: DIFICULTADES: Baixa / media TIPO DE ROTAS: Travesías
DESCRICIÓN DA ROTA: O Porto de Somiedo situado a 1.486 m. de altitude, é o único da rexión enteiramente asturiano. O concello de Somiedo está cheo de mitos e lendas, tapizado por unha vexetación exuberante que fai de el un paradiso para moitos animais.
En Santa María del Puerto, collemos en dirección noroeste a través dun ancho camiño que vai subindo entre praderías polo val do Rebezu, observando a esquerda a serra do mesmo nome; pouco a pouco o camiño vaise facendo máis costo e vamos descubrindo picos como o Putracón, a Salgada e os Michos, tamén veremos un grande fito de referencia e ós poucos minutos estaremos no atractivo cimbro do Muñón (1.845 m.) que separa a nosa esquerda o Alto del Mojón e a dereita a Peña Chana ou Llagüezos.
Despois de facer unha parada, proseguimos a andaina por un fermoso e retorcido sendeiro de amplas panorámicas cara ao Valle de Lago, pasamos xunto a fonte de Los Pastores para chegar a braña de Sousas. Despois de remontar un pequeno cimbro, o sendeiro déixase caer sobre as praderías de El Fuexo onde enlaza con un bo camiño que cruza El Xerru e que nos ofrece unha gran visión de todo o val ata a aldea de Coto, o ollo da pena El Castiellu ou Furada e o Valle de Lago.
O camiño, agora, vai baixando ata converxer ao lado da igrexa onde xiramos a esquerda bordeando a pena El Castiellu e continuamos baixando. Atravesamos unha ponte sobre o río Cueva e seguimos por cómoda andadura ata chegar a Coto de Buenamadre (900 m.), pasamos por La Llera, que son catro casas por debaixo de Coto e continuamos por todo o val abaixo ata atoparnos cunha foz onde o camiño xira a dereita cruzando o río por unha ponte e logo unha subida lévanos ata a estrada. Dende aquí seguimos por asfalto ata a Pola de Somiedo (698 m.), onde nos agarda o autobús.