06 06 17 Pico Jario (Sajambre) León

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Sajambre (León).

PUNTO DE PARTIDA: Porto de Panderruedas

ACCESO: A Panderruedas chégase pola estrada N – 625 Cangas de OnísRiaño, collendo no porto de  O Pontón a que vai a Soto de Valdeón.

HORARIO: 5/6 horas                               DESNIVEL: 630 m.                        DISTANCIA:

DIFICULTADE: Media                TIPO DE ROTA: Travesía

            Incluír ou non o pico Jario nos Picos de Europa é unha decisión pouco clara porque o criterio xeográfico que establece cimbro máis marcado en Panderruedas (fronte o porto de Dobres), máis non os parámetros xeolóxicos que ainda non nos mostran esas moles calizas da idade carbonífera tan propias e singulares de Picos.

            É un cume de grande beleza; onde nos ofrece unha illa de prados na vertente norte que se inclina e viste de escarpes nas vistas que nos ofrece dende o porte do Pontón. Emerxe no medio de bosques que o rodean por todas partes.

 

ESCRICIÓN DA ROTA: No porto de Panderruedas (1.460 m.) cruzamos a área recreativa e cóllese un camiño que sobe oblicuo cara a dereita e intérnase no bosque.

            Aparece unha bifurcación onde seguimos o ramal da dereita e así chegamos a unha construcción de cemento a modo de miradoiro (miradoiro de Piedrashitas, 1.500 m.). Deixamos o ramal máis alto que vai a unha antena e seguimos un bo camiño, que primeiro perde algo de altura e logo horizontalmente entre o bosque, por debaixo do Pico la  Rocha. Así chegamos a unha estreita cunca onde cruzamos o regato e subimos pola esquerda o estreito desfiladeiro que alí aparece, no cimbro a nosa dereita queda un refuxio, abríndose o val nun paraxe de carqueixas e breixos. O sendeiro márcase na beira dereita i enfila entre campas con evidente rumbo oeste sur oeste, cara ó Collado Viejo (1.638 m.). Nas súas ramplas finais cruzamos outra vez o regato e por unha ladeira herbosa a nosa dereita seguimos cara a dereita entre breixos e salvamos unha barreira rochosa con un zigzag perdéndose na vertente de Sajambre ó chegarnos o cume Centenal (1.768 m.).

            O sendeiro volve a marcarse sobre a liña de cumes e baixa o cimbro co pico de Las Guadañas (1.705 m.), fai un amago de entrar a esquerda, de novo recorre o cordal, en un segundo cimbro  entra decididamente a ese lado a modo de brusco descenso. Gánase altura logo sobre unha rampa de breixos que xa lonxe e a esquerda da nosa divisoria, busca a campa da Colladina de Dobres (1.760 m.).

            Estamos no comezo da larga crista que, cara a esquerda, conduce a Jario. A nosa beira está Peña Blanca, que rodeamos pola dereita aproveitando un breve descenso sobre o camiño do cimbro de Dobres, para elevarnos sobre o cimbro por unha incómoda ladeira de breixos e canchais que forma a Pica de Samaya (1.775 m.).

            Podemos afrontar agora un contraforte de gran inclinación, que enriba nos obriga  a empoleirarnos sobre rocha firme para culminar a escarpada Pica Samaya (1.859 m.); sen embargo, este tramo ofrece certa dificultade, pero é máis sinxelo atravesar esguelladamente á esquerda ata o cimbro situado ó oeste da Pica Samaya, para dende aí enlazar sobre o seu cume por unha ladeira de bloques de rocha, onde hai traza de paso.

            De novo no seu cimbro oeste, xa en dirección ó Jario arrodéase un resalte polo sur e logo afrontamos en plena crista (posibilidade de evitala polo norte) un tramo áspero ata unha cota destacada. Dende o cimbro seguinte é máis cómoda a crista, ofrecendo unha traza de paso pola vertente norte que culmina nun novo cimbro, e outra vez pola dereita, acadamos a base do elegante picouto cimeiro.

            Subimos así (un pouco exposto ó sur) sobre a cúspide do Pico Jario onde hai un fito e un buzón.

A baixada faise polo mesmo fío da lomba por un sendeiriño que nos leva cara o bosque onde o pouco tempo aparece un vello camiño forestal que en cómodos zigzags vai perdendo altura. Logo chegamos a unha pista máis ancha a cal seguimos cara a esquerda, a cal nos vai levar o cimbro das pradeiras de Vegabaño.

      Seguimos a pista ata pasar unhas cancelas de ferro e o pouco abandonámola para coller un camiño polo medio do monte que todo costa a baixo nos vai levar a Soto de Sajambre sen perda algunha.