06 09 17 Lagos de Enol – Vega de Ario – Pico Jultayu (Onís) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Macizo Occidental de Picos de Europa (Onís) Asturias

PUNTO DE PARTIDA: Lago La Ercina

ACCESO: Desde a estrada AS – 114 (Arriondas – Panes) cóllese a AS – 262 que vai a Covadonga e desde aquí sae a estrada que en 12 kilómetros nos leva ós lagos.

HORARIO: 5/7 horas                            DESNIVEL: 630/940 m.             DISTANCIA: 14/18 Km.

DIFICULTADE: Baixa/media                              TIPO DE ROTA: Ida e volta

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos do lago Ercina en dirección sur, deixando o Pico Llucia a nosa esquerda. Seguimos o sendeiro que descorre polo fondo ata un primeiro cimbro. Dende este punto podemos mirar ao fondo e lonxe os cumes máis altos do Macizo Central. Bordeamos dou pequenos jous cubertos de brozas (Cuenye Las Bobias) e entramos noutra depresión ocupada por cabanas.

Estamos na majada de Las Bobias. O camiño atravesa este jou e alcanza o cimbro oposto preto dunha fonte que brota nas rochas. Aquí o camiño bifúrcase: un ramal baixa por unha canle a esquerda cara a majada de La Redondiella. O outro, que é o que temos que seguir, atravesa a media ladeira cara a un pequeno grupo de faias. De seguida atopamos outra bifurcación onde seguimos pola dereita gañando altura para superar as árbores por encima. Efectuamos agora unha larga travesía, lixeiramente ascendente sobre unha gran depresión na que se pode ver as cabanas de La Redondiella. O camiño alcanza horizontalmente a entrada a un pequeno val no que hai unha charca (El Llaguiellu) onde nace un regato.

            Sen entrar no val mencionado, cruzamos o regato e pasamos a parte alta da canle que cae cara a esquerda polo camiño que sobe facendo varios zig-zas. Así chegamos a un cimbro situado na parte alta da canle, atravesamos esta zona labiríntica de pequenos jous que o camiño vai esquivando sen perder altura. (Debemos evitar a tendencia natural de baixar ao val que se ve abaixo, a esquerda).

            Entramos nunha nova canle que se abre a dereita dunha pequena parede de cor laranxa e remontamos ata outro cimbro. O camiño agora xa non ofrece case perdas. Este vai polo fondo dun ancho val que remata nun gran cimbro tras o que se asoma o cume redondeado do Jultayu. A parte alta deste val divídese en varias canles. O camiño segue pola que sobe mais a esquerda xunto a ladeira de Cabeza La Forma. A pendente aumenta ao final e tras algúns cómodos zigzags chegamos ao Jitu, cimbro esquerdo dos dous que dan saída ao val.

            Dende este punto, a vista do Macizo Central e extraordinaria. Temos unha mesa de orientación que nos serve para identificar os principais cumes que dende aquí se divisan. O camiño agora segue pola esquerda a Vega de Ario onde se atopa o refuxio detrás dos contrafortes de Cabeza La Forma.

            Para ir ó Jultayu, non e preciso achegarse ó refuxio, dende a mesa de orientación podemos atravesar Vega de Ario pola parte occidental, pasando preto dunhas cabanas e buscando o camiño que vai de Ario a Trea. Unha vez atopado seguimos o sendeiro entre jous, pintado con marcas amarelas. Unha vez no Collado de las Cruces, o camiño bifúrcase, collemos a dereita iniciando a fácil ascensión o Jultayu que vai seguindo un sendeiriño que as veces pérdese entre as rochas pero seguimos os fitos pola cara norte ata o accesible cume.

            A vista dende esta montaña é magnífica sobre os dous macizos de Picos de Euopa. Torrecerredo, a Bermeja, o Pico de los Cabrones... os cumes máis altos déixanse ver dende a nosa posición, por debaixo a case dous mil metros temos o Cares e a Garganta Divina que o percorre.