08 01 20 Foces del Pendón – Pico Varallonga (Nava) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Nava (Asturias)

ACCESO: Fuensanta, lugar onde comeza a rota, atópase moi preto da estrada N-634 no concello de Nava.

HORARIO: 4 – 6 horas            DISTANCIA: 12/16 km.     TIPO DE ROTAS: Circulares

DESNIVEL: 200/620 m.            DIFICULTADE: Baixa/media  

MAPAS: I.G.N. – 30 – III – 54 – I 

 

DESCRICIÓN DA ROTA: O camiño comeza en Fuensanta, cerca dun antigo balneario local, reconvertido agora nunha planta embotelladora. Uns metros mais aló, atravesamos por unha ponte as augas do río Fuensanta onde podemos coller auga nunha fonte que temos neste tramo. Xa na beira do río o camiño divídese en dúas sendas, nós collemos a da esquerda, que se interna subindo pola vertente dereita dunha pequena bagoada. Ao noso redor, temos unha paisaxe de árbores centenarios, especialmente castiñeiros. O sendeiro agora xira de maneira perceptible cara a esquerda  para afastarse da bagoada e adentrarse cara un pequeno cimbro situado entre dous picos próximos. Neste cimbro chamado Los Fornos, podemos descansar un anaco xunto a unha caseta con bebedoiro, contemplar o val do Pendón e a aldea de Casielles bastante distante.

            Tras cruzar por unhas campeiras atopamos un sendeiro que se desvía a esquerda, en dirección a canle baixa do río, pero nós seguimos pola dereita ca intención de subir pola canle alta. Trátase dun sendeiro tallado nas rochas que en pouco tempo nos deixa baixar ata o desfiladeiro feito polo río. O tramo mais atractivo deste desfiladeiro chámase Les Meceures, que en realidade é unha captación de auga.

            Despois de cruzar a canle, a senda segue por un bosque de centenarias faias e carballos, volvendo a cruzar o rego de Bomalo a nosa dereita polo Púente Pendón.

            Dende aquí iniciamos o camiño de volta. Aparece unha encrucillada de camiños, rechazando as orientadas cara ao sur e mediodía, tomando aquela orientada cara ao noroeste, un camiño empedrado que se interna entre a vexetación forestal frondosa de abeleiras e carballos. Este camiño, de inmediato comeza subir, pasando continuas revoltas que culminan nun cimbro chamado Boca de la Canal. A partir de aquí o camiño baixa comodamente ata unha braña chamada Pastos, onde aparecen varias cabanas. Dende este lugar temos a opción de subir ao pico Varallonga. Un sedeiro xurde pola esquerda pero o noso itinerario prosigue pola dereita, cara a una nova braña chamada Canto Corral onde a poucos pasos podemos recoller auga nunha fonte, coa zoa pastoril de Entresierras a nosa esquerda. A baixada continua sen perda, atravesamos unha nova braña chamada Los Xierrapos e chegamos a un chan coñecido como Tableo onde temos unha nova fonte. Apenas unha pequena subida con as ladeiras do Pico Canto Tableo pola esquerda. O camiño prosigue sen problemas ata La Vallorita, dende onde podemos contemplar ao lonxe as aldeas do val do Piloña e o seu afluente o Fuensanta. Xa só nos queda un suave descenso por un camiño rodeado de arborado durante uns quince minutos para acadar a ponte sobre o río Fuensanta, que foi o noso punto de partida.

            (Antes de chegar a Mayau Pastor, cóllese a dereita un camiño cara a Entresierres, Fuente El Mayau e Matu Los Fueyos. Aquí en dirección sur oeste comeza a ascensión ao pico por onde se poida, pois anque a pendente é forte, sóbese ven en zigzag.

            O cume (865 m.) con chanto xeodésico e buzón, é un bo miradoiro sobre a comarca de Nava, Piloña e a Sierra de Peña Mayor.)