08 04 20 Rugando – A Seara (Quiroga) Lugo

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: O Courel – Quiroga (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Rugando

ACCESO: Dende Quiroga pola N – 120 en dirección ao Barco de Valdeorras, a altura de Sequeiros, coller a estrada que vai a Paradaseca e Rugando 

HORARIO: 5/6 h.               DESNIVEL: 570 m.                   DISTANCIA: 19 km.

DIFICULTADE: Media          TIPO DE ROTA: Travesía            MAPAS: I.G.N. – 157 – III – 190 – I

SINOPSE: A aldea de Vilarmel conserva interesantes exemplos de arquitectura popular, caracterizándose pola calidade da tradicional producción apícola, favorecida pola variada flora existente na zoa.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A rota comeza na aldea de Rugando, xusto ao lado do antigo edificio que formou parte das dependencias da ferrería de Rugando. Temos que cruzar o río Soldón e camiñar pola estrada durante 500 metros ata chegar ao cruce de Vilarmel e Cereixido. Xiramos a esquerda e na primeira curva, a 200 m; aparece a esquerda da estrada un sendeiro polo que hai que desviarse. Ao comezar o camiño, vemos a esquerda outro desvío que leva a confluencia dos ríos Vilarmel e Soldón. Seguimos polo sendeiro principal, que no primeiro quilómetro corre paralelo ao río Vilarmel, a bastante altura sobre a súa canle. No último quilómetro antes de chegar a Vilarmel, o sendeiro atravesa un souto que rodea a aldea. Nada máis saír de Vilarmel chégase ao río, despois de percorre 400 m. Tan axiña como se cruza o río, o camiño principal comeza unha leve subida durante 2 km. para seguir sen desniveis ata a altura do regato de O Carroceiro. Despois de cruzar este pequeno regato por unhas pedras, hai un estreito sendeiro a dereita para visitar a fervenza de O Carroceiro. Con unha caída de 35 m., é unha das máis altas da zoa. Despois de camiñar 8 km. e visitar a fervenza seguimos a camiñada. Ao pasar o regato de Recheín cruzando por unhas lousas, a vexetación da un cambio radical. Entramos no souto do Outeiro, considerado como un dos bosques de castiñeiros máis extensos do Courel. Logo de un quilómetro máis de camiñada saímos a un cruce de camiños. A esquerda temos unha ponte de formigón que da acceso a aldea de Outeiro, pero nosoutros seguimos de fronte pola marxe esquerda do río. No primeiro quilómetro, o camiño atravesa un souto onde tamén medran algúns exemplares de freixos e álamos. Chegamos a antiga ferrería de O Mazo. Aquí o sendeiro bifúrcase onde o ramal da dereita vai as devesas de Mazales, O Cervo e Montouto. O da esquerda conduce a aldea de O Mazo, o cal collemos pasando entre unhas vellas construccións pertencentes a ferrería, e cruzamos seguidamente o río Montouto pola ponte de Ferrería.

            Despois dun quilómetro de camiñada chegamos a única vivenda que forma a aldea de O Mazo. Nada máis sobardar este edificio, temos que cruzar o río Soldón  por unha ponte e xirar despois a esquerda por unha pista que sobe cara a estrada. A 50 m., xiramos a dereita polo antigo camiño que leva ata Soldón de A Seara, a cal chegamos unha vez percorridos 700 m.

            Agora subimos por un souto ata a estrada, onde se atopa a aldea de Soldón, e camiñar por ela 50 m., en dirección a A Seara, para retomar de novo o antigo camiño que parte a dereita da estrada. Camiñamos uns 600 m. ata chegara a unha bifurcación; o camiño da dereita leva ata As Lastras, unha vez cruzado o río de Soldón; debemos ir pola esquerda pasando por As Penelas e o lugar de O Caleiro, onde aínda se ven os restos dun forno de cal. A rota rodea a cova de Palleiros e inicia unha curta subida ata o alto de A Golada, e a continuación sae a estrada que conduce a A Seara polo lugar de O Prado de Pereiro. Solo queda un quilómetro e medio de camiñada polo asfalto para chegar a A Seara onde remata esta rota.