08 09 17 Cueto Nidio (Villablino) León

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER MAPA DA RUTA  VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Villablino (León)

PUNTO DE PARTIDA: Rabanal de Arriba

ACCESO: Dende Villablino, cóllese a estrada C – 631 en dirección a Ponferrada. Pouco despois de cruzar o río Sil sae un desvío a esquerda en dirección a Llamas de Laciana e Rabanal de Arriba, localidade na que comeza a rota. 

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 773 m.                 DISTANCIA: 17 km.

DIFICULTADE: Media     TIPO DE ROTA: Circular                      MAPAS: I.G.N. - 101 – II – IV 

SINOPSE: O bosque: Laciana acolle unha ampla representación dos bosques da Cordilleira Cantábrica, bidueirais, carballeiras, bosques de ribeira; pero sen dúbeda os chamados bosques mixtos, son os que de maneira máis determinante lle deron a fama, por albergar algunhas das especies animais máis ameazadas da Península, como o oso pardo cantábrico e a pita do monte.

               

                As brañas: Os fondos dos vales foron transformados para o aproveitamento de prados e terras de labor. Ademais dos bosques sacábase madeira  para a construcción de vivendas e leña para o lume. Solo faltaba obter algo de zoas máis altas e dos prados naturais que alí medran nacendo así as brañas de verán onde os brañeiros se trasladaban dende finais do verán ata ben entrado o outono.

                Arquitectura tradicional: Anque cada vez menos comúns, en Llamas de Laciana e Rabanal de Arriba existen algunhas vivendas con cuberta vexetal ou teito. O modelo de casa lacianiega teñen forma de U, L ou T irregulares coas esquinas redondeadas. O hórreo de Rabanal de Arriba é un dos poucos que mantén a estructura orixinal, planta cadrada e pegollos de pedra ou madeira e pedras voadas sobre a cabeza dos pés para dificultar o acceso de animais, e cuberta de centeo. As cabanas das brañas, consistían nunha sola estancia que albergaba o gando e os pastores separados por unha sinxela división.  

                En canto a igrexas e ermidas, son varias as edificacións que aparecen ao longo da rota. En Rabanal temos a igrexa do pobo e unha pequena ermida adicada as Candelas. En Rioscuro, a igrexa da Asunción mostra un ábside románico, sen labrar. Posúe tres retablos barrocos, que segundo conta o pobo, o correspondente ao lateral dereito foi tallado a navalla por un pouvano.

                Minería: Antes recolleitado a pequena escala polos pouvanos, a  explotación industrial do carbón en Laciana comeza a primeiros do século XX, o que variou definitivamente a historia do Val. O cambio foi brutal, pasando dunha economía de subsistencia baseada principalmente na gandeiría e nunha mínima actividade agrícola, a explotación masiva do carbón. Esto propiciou a afluencia masiva de traballadores de todo o pais, co que a poboación do Val aumentou espectacularmente supoñendo o abandono paulatino das labores agrícolas e gandeiras. Hoxe en día o carbón está pasando por momentos difíciles reducíndose considerablemente a actividade.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A camiñada comeza en Llamas de Laciana (1.000 m.) dende onde saímos da aldea pola pista que vai a Rabanal de Arriba. Aos poucos metros a pista fai unha curva moi pronunciada a dereita. Xusto neste punto collemos o antigo camiño que sae pola esquerda pasando por debaixo do tendido eléctrico e bordando pola zoa de La Cruz un pequeno monte que vamos deixando a nosa dereita. Máis tarde alcanzamos de novo a pista que seguimos de fronte cara a Rabanal de Arriba. O camiño abandona esta aldea comezando un ascenso pouco pronunciado, pero continuo, ata as brañas de Cubajo (1.450 m.) onde é posible contemplar con detalle as cabanas onde vivían e viven os brañeiros, as outseras onde conservaban o leite ou os cerrumes dos prados.

                As primeiras cabanas atópanse nun paraxe coñecido como Los Trigos e as últimas, antes de comezar a subida ao Cueto Nidio, chámanse Las Milindriegas. Seguimos polo antigo camiño que levaba as brañas de Viforcos ata que o deixamos para acometer unha forte subida facendo zigzags. Ao chegar ao cimbro que separa os vales das brañas de Cubajo e Viforcos, a rota diríxese cara ao Cueto Nidio. Tamén é posible neste lugar, para quen non queira subir ao Cueto Nidio, seguir o camiño que vai a braña de Viforcos enlazando coa baixada de Cueto Nidio tres quilómetros máis adiante.

                Dende o cume do Cueto Nidio a baixada faise cara ao nordeste. Este descenso ata Rioscuro (1.000 m.) é vertixinoso dada a altitude que se perde, case 800 m., en pouco espacio, atravesando paraxes de xestas, prados e notables bosques de carballos e vidueiros.

                Unha vez no fondo do val, cruzamos o río Bayo  por unha magnífica ponte para entrar en Rioscuro, localidade con interesantes manifestacións de arquitectura tradicional. Logo de visitar esta aldea, volvemos a cruzar o mesmo río, xa que a rota descorre pola súa marxe esquerda. A partir de aquí, seguimos por camiños e sendeiros moi cómodos ata o final do recorrido.