09 02 15 De Abadín a Vilalba polo Camiño de Santiago (Abadín e Vilalba) Lugo

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Concellos de Abadín e Vilalba (Lugo)            

PUNTO DE PARTIDA: Abadín (500 m.)     

ACCESO: Abadín está situado xunto a estrada nacional 634

HORARIO: 4/5 horas                    DESNIVEL: Inapreciable             DISTANCIA: 20,5 km.

DIFICULTADE: Baixa   TIPO DE ROTA: Travesía       MAPAS: I.G.N. 24 – III – 23 – IV – 47 – II  

INOPSE: O itinerario transcorre a unha altura entre 400 e 500 metros, case sen desniveis. O camiño caracterízase por descorrer entre praderías principalmente, moitas delas cerradas con laxas postas de pé, e algunhas carballeiras, atravesando dous ríos por unha ponte de madeira e outra de pedra.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Todo o percorrido está sinalado coas marcas do Camiño de Santiago, polo que é imposible perderse.

            A saída de Abadín, xunto a oficina de correos, marca o comezo deste percorrido de moi fácil andar. Vamos por unha ancha pista ata coller un camiño a man dereita que se interna entre carballos cruzando máis tarde o río Abadín por unha ponte de madeira.

            Despois dunha pequena subida chegamos a unha pista asfaltada con rectas prolongadas que se vai alternando con algún camiño máis sombrío ata a aldea de Martiñán. Aquí temos que cruzar a estrada N – 634 para máis tarde atravesar o río Batán pola Ponte Vella de Martiñán, unha ponte característica da Terra Chá.

            Este lugar ten un encanto especial que invita ao camiñante a facer unha parada xunto a área recreativa que existe neste lugar escoitando o murmuro da auga no medio do frondoso bosque de ribeira.

            O camiño con grandes tramos rectos, vai paralelo a estrada onde a cruzamos a altura de Goiriz, tendo que camiñar por ela uns 100 metros ata que o camiño sae a dereita, man que non abandona ata Vilalba.

            Temos que por especial atención ao atravesar as obras da autoestrada, para atopar ao outro lado o camiño.

            Unha vez que chegamos ao polígono de Vilalba, temos que desandar un pequeno traxecto pola beira da estrada N – 634 ata o restaurante Montero, onde nos agarda o autobús.