26 10 18 PUERTO DE TEJEDO

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Crémenes (León)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Crémenes (1.000 m)

ACCESO: Pola estrada nacional 621 Cangas de Onís - León

HORARIO: 3/4 h                           DESNIVEL: 300 m              DISTANCIA: 8 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte de Crémenes (1.000 m)                    

COTA MÁXIMA: Cruce pista antenas (1.285 m)

MAPA: I.G.N. – 105 – III 

SINOPSE: Esta ruta está descrita no sentido das agullas do reloxo pero pódese facer igualmente en sentido contrario.

            Esta é unha desas rutas espectaculares, onde o outono amosa o máximo esplendor con fermosos faiales, foces e recunchos con encanto.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Cruzamos esta alongada poboación para saír pola parte contraria a onde entramos remontando pola pista do val da Trapa con moitas sabinas na parte soleada e faias nos avesedos.

Esta camiñada sae de Crémenes, cruzando o río Esla por una ponte en dirección a Argovejo. Os primeiros dous quilómetros e medio son por pista asfaltada, ata Argovejo superando un desnivel duns 60 m. Cando levamos un quilómetro de camiñada pasamos xunto á igrexa de Stª María de Pereda e outro quilómetro despois, temos as primeiras casas de Argovejo.

            Cruzamos esta alongada poboación para saír pola parte contraria a onde entramos remontando pola pista do val da Trapa con moitas sabinas na parte soleada e faias nos avesedos.

             Camiñamos por esta cómoda pista ata unha bifurcación xunto a unha pequena fervenza con varios indicadores. Seguimos pola dereita en dirección Tejedo Aguesalio Peña Arrionda. Este carreiro sobe cara ao suroeste ata un cruce de camiños. Levamos uns 4 km de andaina e seguindo a ruta cara a Crémenes solo quedan outros 4 km polo que xiramos á esquerda camiño do Puerto de Tejedo.

            Neste lugar, comeza o camiño de ida e volta cara ao Puerto de Tejedo que podemos alongalo todo o que queiramos. Durante a subida do primeiro quilómetro atravesamos o fermoso faial de Las Barriaticas e no seu remate sitúase El Contadero, paso estreito entre rochas onde os pastores aproveitaban para contar as ovellas dado que tiñan que pasar de unha en unha.

            De volta no cruce anterior, collemos á esquerda o camiño dos Barriales, para subir ata o cruce de camiños que vai as antenas. A partir de aquí toca baixar facendo varias lazadas ata entroncar cunha pista máis ancha. Nesta bifurcación collemos á esquerda pola pista que nos levará á ponte que cruzamos na saída.