26 04 04 LAGOAS DE SOTILLO E CARROS
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Parque Natural Lago de Sanabria (Concellos de Cobreros e Galende)
PUNTO DE PARTIDA: Sotillo de Sanabria (1.000 m)
ACCESO: Desde a autoestrada A-52 coller a saída de Puebla de Sanabria. Seguir pola N-525 ata a rotonda onde collemos a saída cara ao Lago de Sanabria. Logo seguimos pola ZA- 104 ata El Puente onde se colle ZA-L- 2692 ata Sotillo.
HORARIO: 5/6 h DESNIVEL: 700 m DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Punto de saída (1.000 m) COTA MÁXIMA: Lagoa de Sotillo (1.600 m)
MAPA: I.G.N. – 267 – I
SINOPSE: Esta ruta sinalizada é unha das máis emblemáticas do Parque e tamén unha das máis visitadas, pola súa accesibilidade, da que podemos destacar a fermosura paisaxística ao largo da maior parte do percorrido.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta andaina comeza na curva de entrada á poboación de Sotillo. Camiñamos 300 m por pista asfaltada pasando xunto á capela e cemiterio seguindo a estrada principal é máis adiante xunto á igrexa de San Lourenzo ata unha praciña situada no centro da poboación onde sae un camiño á esquerda con indicación á Laguna de Sotillo.
O camiño sae de Sotillo en dirección sur con suave pendente ata pasar unha área recreativa onde comeza a subida polo medio dunha espesa carballeira. Agora o camiño transfórmase en carreiro facéndose máis fermoso se cabe.
O carreiro, ben marcado, segue subindo xunto ao río Truchas ata que chegamos a unha bifurcación onde un cartel indica as fervenzas de Sotillo nun tramo de ida e volta para o que teremos que perder algo de altura.
De volta no carreiro principal, seguimos subindo, agora por camiño máis despexado de arborada, cruzamos o rego Pingón por unha ponte (1.480 m) e seguimos con o rego á nosa esquerda. Imos gañando altura ata chegar á lagoa de Sotillo (1.600 m) punto máis alto deste percorrido.
Deixamos esta lagoa á nosa esquerda para subir un pequeno montículo que da paso ao comezo da baixada. O carreiro pasa xunto á fonte de Los Gallegos (1.530 m) situada na Cañada Sanabresa pola que camiñamos un pequeno tramo cara á lagoa de Corros (1.330 m). Para visitar esta lagoa deberemos desviarnos á dereita, tamén por un tramo de ida de volta. Antes de chegar a esta lagoa temos boas vistas do Lago de Sanabria.
A partir da lagoa, o camiño intérnase de novo no bosque, coñecido con o nome de Beseda, onde podemos ver acivros, abeleiras e sorbas ademais da frondosa carballeira pola que transitaremos.
O camiño baixa pola espesura do bosque ata desembocar en Ribadelago Novo.