26 04 03 CANÓN DO RÍO TERA - COVA DE S. MARTIÑO - CAMIÑO DOS FRADES
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Parque Natural del Lago de Sanabria (Concello de Galende)
PUNTO DE PARTIDA: Ribadelago Viejo (1.000 m)
ACCESO: Desde a autoestrada A-52 coller a saída de Puebla de Sanabria. Seguir pola N-525 ata a rotonda onde collemos a saída cara ao Lago de Sanabria. Logo seguimos pola ZA- 104 que chega a Ribadelago.
HORARIO: 5/7 h DESNIVEL: 650 m DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Ribadelago Viejo (1.000 m)
COTA MÁXIMA: Comezo da baixada (1.620 m)
MAPA: I.G.N. – 267 – I
SINOPSE: Esta ruta lévanos polo maior e máis grandioso canón de todo o Parque Natural, que se formou polos glaciares do cuaternario.
Tristemente, o río Tera, con súa presa rota, foi culpable da catástrofe de Ribadelago no ano 1.959.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos esta camiñada en Ribadelago Viejo, despois de pasar o campo de fútbol que hai xunto ao río.
A partir de aquí continuamos por un carreiro con moitas pedras que temos que ir sorteando seguindo as sinais de cor verde.
Nesta zona poderíamos ver algún cato montés así como merlos e curuxas. O camiño que se desvía á esquerda do río continua subindo entre carballos ata que nos volvemos atopar con o río, ao chegar a un alto temos unhas grandes escaleiras de pedra. Ao baixar a este pequeno val é á dereita podemos ver a primeira poza do canón.
Seguindo o marcado carreiro con estacas de cor verde, subimos e veremos as sorprendentes formacións que a auga foi labrando con o paso do tempo: lagoas, pozas e fervenzas. A partir desta zona, a subida faise máis pendente, temos que cruzar o río para seguir pola marxe dereita e tras continuas subidas e baixadas chegamos a cova de San Martín (1.320 m) despois de camiñar uns 6 km.
Na cova, en tempo de verán, pódese dar un mergullo. A partir de aquí temos tres opcións: dar a volta polo mesmo camiño ou seguir o carreiro cara á dereita polo que chegaremos á poboación de San Martín de Castañeda, ou ben continuar a camiñada ata o remate do canón, aumentando así a dificultade e desnivel.
Agora imos elixir o camiño da dereita acadando a estrada que sobe a lagoa de Los Peces, punto de unión con a ruta do Camiño dos Frades, que collemos cara abaixo para volver a Ribadelago Viejo, neste caso seguindo as balizas de cor azul.
Si optamos por continuar polo canón seguiremos a marcha ata o encoro de Vega de Tera (a presa rota) pasando así a ruta a ser de dificultade alta e os quilómetros van a multiplicarse. Neste caso debemos coller o camiño que sobe á dereita, paralelo ao rego. Ao chegar a un bosque de acivros, teremos que seguir polo carreiro da esquerda, cruzamos o rego por unha ponte, e a partir de aquí, xa non haberá sinalización.
Haberá que ir con coidado seguindo camiños do gando. Ao chegar a un alto veremos unha poza moi grande, e a partir de aquí o camiño sobe pola dereita da montaña. Logo de camiñar un tempo entre o mato, vemos por fin a presa rota de Vega de Tera dando por rematada a subida, retornamos polo mesmo camiño.