26 04 02 BOSQUE DE TEJEDELO ou TEIXEDELO

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Requejo de Sanabria (Zamora)

PUNTO DE PARTIDA: Requejo de Sanabria (1.010 m)

ACCESO: Pola autoestrada das Rías Baixas A – 52

HORARIO: 3/4 h.                          DESNIVEL: 450 m              DISTANCIA: 12,5 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Ida e volta/circular

COTA MÍNIMA: Cruce do río Requejo (905 m)                      

COTA MÁXIMA: Miradoiro de Las Peñas del Veladero (1.345 m)

MAPA: I.G.N. – 267 – III

SINOPSE: A comarca de Sanabria conta con importantes zonas boscosas de diversas especies e distintos aproveitamentos. Destas masas forestais destaca o Teixedelo situado no concello de Requejo de Sanabria.

            Na ladeira e entre vales atópase este bosque singular, unha das manchas de teixo máis importantes e mellor conservadas de toda a Península Ibérica. Este recuncho natural é un refuxio para especies vexetais e animais. Os maxestosos teixos, algúns con máis de mil anos de existencia, fan deste lugar unha paisaxe mística, ideal para a xente amante da natureza e o sendeirismo.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada parte da explanada que hai diante do hostal Tu Casa. Para iso temos que atravesar a estrada N – 525 e seguir a sinal de El Tejedelo. Camiñamos por pista asfaltada deixando o cemiterio á nosa esquerda e máis abaixo, cruzamos o río por unha ponte. Nada máis pasar a ponte, collemos a pista da dereita onde temos un cartel de información.

            Camiñamos comodamente pola pista pola marxe dereita do río aparecendo varios carteis informativos e pouco despois, temos que atravesar por debaixo a vía do tren para chegar a un aparcadoiro (1.032 m) onde remata a pista. Agora seguimos un carreiro no que axiña aparece outro cartel informativo e unha área recreativa.

            Atravesamos o rego Tejedelo por unha ponte de madeira camiñando agora por zona despexada de arborada entre breixos onde o camiño gaña pendente. Seguimos subindo en dirección sur entrando no bosque (1.200 m) que no seu comezo é unha carballeira.         Ao pouco temos unha bifurcación onde collemos o camiño da esquerda que un pouco máis arriba atravesa o rego de Tejedelo por outra ponte de madeira. Axiña comezan a aparecer exemplares de teixos milenarios onde o tramo do camiño da un respiro ata atravesar o rego de Tejedelo por terceira vez. Neste tramo temos que ter precaución no caso de chuvia ou neve xa que estará esvaradío.

            A pendente remata xunto ao indicador do miradoiro de Las Peñas del Veladero (1.345 m), que podemos visitar nun tramo de ida e volta que nos ofrece unha fermosa panorámica do bosque. Agora comeza a baixada pola carballeira ata a bifurcación onde seguimos o camiño de volta.

            Si queremos, podemos alongar a ruta uns 600 m. Para iso ao chegar as vías do tren, collemos á esquerda camiñando paralelo á vía uns cincocentos metros, atravesamos por debaixo para cruzar o río Requejo por unha ponte. Logo da ponte, collemos un camiño á dereita que baixa pola marxe esquerda do río ata o cemiterio onde collemos á esquerda pola pista asfaltada que nos leva ao punto de inicio.