21 11 20 RUTA DA PONTE DE DOIRAS
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Ponte de Doiras - Cervantes (Lugo)
PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Doiras (650 m)
ACCESO: Desde a A – 6 coller a saída aos Ancares á altura de Becerreá, seguindo pola estrada de Navia ata Liber onde nos desviamos á dereita collendo a estrada LU – 723 que indica Serra de Ancares, Portelo, Pontes de Gatín, Doiras.
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 750 m DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Ponde de Doiras (650 m)
COTA MÁXIMA: Preto de Vilaspasante (1.025 m)
MAPA: I.G.N. – 125 – II
SINOPSE: O castelo de Doiras, de difícil acceso, agás pola súa parte sur, por onde chega o camiño, está situado sobre rocha o que o converteu nunha das fortalezas máis impresionantes de Galicia. A porta de entrada está situada a catro metros de altura polo que era imposible acceder a ela sen a axuda dunha escaleira.
Crese que se remonta ao século XV. A súa planta é rectangular e os seus muros teñen 8 m de alto por 1,5 de ancho. Debido aos desniveis do terreo a altura e desigual, a Torre da Homenaxe acada os 14 m e tamén ten planta rectangular con paredes de 2 m de ancho.
Foi do conde de Graxal de Campos, Señor de Cervantes, título que ata 1909 ostentou o duque de Sesto.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da Ponte de Doiras por un camiño que parte á dereita logo de cruzar o río. O camiño comeza a ascender cara Ferreiradeves, durante este percorrido gozaremos das fermosas vistas do Castelo de Doiras a man esquerda. Chegaremos a Vilar de Ferreira e continuamos ata Ferreiradeves. Pasamos o pobo ata o primeiro cruce onde sae un camiño que nos leva ata Fonte Cavada onde seguimos polo camiño dos Formigueiras ata Vilapasantes. Logo baixamos cara As Covas cruzando o Rego do Fontal, pasamos polos Campeliños, vamos ata o teso San Martín e seguimos ata As Covas. Alí cruzamos o río do Toural e comezamos o ascenso ata o Gumieiro. Continuamos por xunto á fonte seguindo pola Pena dos Palleiros, baixando ata a estrada Ambasmestas-Pontes de Gatín pola cal seguimos baixando ata Doiras. Neste último tramo temos a opción de subir ao castelo.