26 11 21 ALTO DA FARRAPONA - BRAÑA DE TARAMBICU - VALLE DE LAGO

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Somiedo (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Alto de La Farrapona ( 1.710 m)

ACCESO: Pola A-8 ata Soto del Barco, aquí coller a AS-16 e AS-15 ata San Martín de Lodón. Seguir pola AS-227 que vai ao porto de Somiedo. Antes da central hidroeléctrica da Malva xirar á esquerda, dirección a Saliencia. Desde Saliencia seguir pola SD-2 que sobe ao alto da Farrapona a  7,5 km de Saliencia.

HORARIO: 5/6 h                 DESNIVEL: 350 m de subidas / 1.000 m de baixadas           

DISTANCIA: 17,5 km         DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Pista de Txamera (960 m)        COTA MÁXIMA: Majada de Tarambicu (1.860 m)

MAPAS: I.G.N. – 76 – II – IV – 77 – III  

Mapa Topográfico Excursionista Parque Natural de Somiedo de Ediciones Adrados

 

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte do Alto de La Farrapona ou Collada Balbarán, para recorrer unha cómoda pista de un quilómetro que nos leva ata un aparcadoiro logo de pasar o Collado La Caranga, xunto ao primeiro lago que vamos atopar. O lago Cueva ou Mina, chamado así debido as proximidades dunha desaparecida industria mineira, da paso a unha subida preto a uns muros en ruínas que antano formaban parte das instalacións mineiras de Santa Rita. Neste punto o camiño aparece de cor vermello debido ao mineral desprendido, facendo varios zigzags e ascendendo por pronunciada pendente sobre o lago que cada vez nos parece mais pequeno.

            Despois de superar a que vai ser unha das poucas subidas desta xornada, acadamos un cimbro que nos sitúa por riba do lago, posiblemente, mais fermoso dos lagos de Saliencia. E o lago de Calabazosa ou Negro, que tamén e o mais fondo de todos. As súas beiras poden alcanzarse con facilidade abandonando o camiño principal, para coller un sendeiro a esquerda. Xustamente enfronte, elévanse as siluetas de dous picos xemelgos, separados por un cimbro: son os Picos Albos, e detrás das súas caras posteriores escóndese o célebre Lago del Valle.

            Tras pararnos a contemplar este fermoso lago, volvemos ao camiño principal e proseguimos en suave descenso cara as primeiras veigas coñecidas como Cervériz. Neste punto remata a pista transformándose nun sendeiro que recorre lonxitudinalmente a veiga entre mato subalpino e herba.

            O camiño pasa por riba doutro lago que nos queda a esquerda, lago Cervériz, e sigue por un extenso val de cómodo andar deixando tamén a nosa esquerda as cabanas que compoñen a Majada Cervériz. Subimos a un cimbro que da paso a outra extensa veiga de verdes praderías. A Veiga de Camayor, que seguimos ata outro cimbro que divisamos dende a nosa posición. Neste cimbro chamado a Llomba de Camayor, temos que fixarnos e coller un sendeiro que sobe á dereita cara ao pico Tarambicu, que nos queda á nosa dereita entrando así na braña de Tarambicu (1.860 m), punto máis alto deste percorrido. Saímos do lugar comezando unha longa baixada en dirección oeste. Camiñamos polo val da Mudarra e o camiño vai levarnos a outra veiga non menos fermosa como a de Veigarrionda, pero axiña aparece a  braña dos Campos de Gobia (1.504 m) que deixa as demais en segundo plano xa que esta é unha das brañas máis singular e fermosa de todo Somiedo.

            Saímos desta braña baixando un tramo en dirección noroeste pasando xunto á fonte Las Zapicas (1.425 m) cambiando aquí en dirección noroeste. Camiñamos con o bosque á nosa esquerda xunto a paredes de pedra ata a Braña de Tchamera onde solo quedan algunhas paredes de pedra, logo da cal axiña entramos en Tchamera (1.120 m) con cabanas cubertas de teitos, típicas de Somiedo.

            Neste lugar existe unha pequena fervenza, Aguameixa, que soe estar seca no verán. Baixamos pola pista de formigón ata una de terra onde collemos á esquerda ata Valle de Lago.