16 03 24 Rota do río Támega (Vila Verde da Raia - Chaves)

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Chaves (Portugal) 

PUNTO DE PARTIDA: Vila Verde da Raia (380 m)

ACCESO: Dende a autoestrada A – 75 VerínChaves, collemos a saída 10 en dirección Faces de Abaixo ata pasar a fronteira. A camiñada comeza xusto no posto fronteirizo de Vila Verde da Raia.

HORARIO: 3 horas                         DESNIVEL: 100 m                         

DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Baixa                TIPO DE RUTA: Travesía            

MAPA:

COTA MÍNIMA: Chaves (350 m)            

COTA MÁXIMA: Vila Verde da Raia (380 m)

 

SINOPSE: Sen dúbida algunha, Vila Verde da Raia ten moito significado nas historias de emigración clandestina. Foi punto de partida de numerosas aventuras e en tempo tamén un punto de referencia na chegada a terras lusas, que logo, dunha longa viaxe pisaban o solo da terriña.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza na estrada N – 103 – 5 xunto ao paso fronteirizo. Para iso collemos un camiño en dirección oeste paralelo ao río Pequeno, que seguimos ata a súa confluencia con o ría Tâmega.

            Seguimos por zona arborada ata a presa da que sae unha canle de auga seguindo agora pola estrada asfaltada Açude onde na primeira curva á esquerda, nosoutros temos que seguir de fronte, pola rúa Fontaínhas paralelos á canle do río.

            Máis adiante cruzamos por debaixo a autoestrada A – 24 para de seguida xirar á esquerda e así dirixirnos ao núcleo de Vila Verde da Raia. Este camiño lévanos á igrexa parroquial onde temos unha fonte de auga potable. Aquí collemos a rúa Direita que nos leva á saída do lugar pasando xunto ao Fontanário de Vilaverde da Raia onde collemos á dereita para cruzar a canle entre terras de labor.

            O camiño vainos achegando ao río Tâmega camiñando agora moi preto do seu curso ata que entramos na vila de Chaves, punto final deste fácil percorrido.