06 09 03 Pico de Aneto (Benasque) Huesca

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: O Macizo da Maladeta atópase na alta cunca do río Ésera flanqueado polo val de Benás. É o máis destacado da cordilleira dos Perineos.

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio da Renclusa (2.140 m.).

ACCESO: Pola estrada A – 139, a 17 km.de Benasque, seguindo o curso do río Ésera ata o lugar de La Besurta (1.900 m.), Dende aquí camiñando en pouco máis dunha hora sóbese ó refuxio.

HORARIO: 8/9 horas                            DESNIVEL: 1.264 m.                  DISTANCIA:

DIFICULTADE: Alta (Grande sensación de baleiro no Paso de Mahoma (II).

TIPO DE ROTA: Ida e volta                    

RECOMENCACIÓNS: Piolet e grampóns. Unha cordiña dará seguridade, sen dúbida, no Paso de Mahoma.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Comezaremos esta camiñada ó amencer dirixíndonos cara ó sur, remontando a ladeira empinada por unha zoa pedregosa sinalizada con fitos que non ha de ser complicada.

     A subida cara ós Portillones en constante pendente, é fácil de superar, non presentando máis dificultades ca propia pendente. O ideal é subir directamente ó Portillón Superior, para cruzar cara ó leste a crista que baixa dende a Madaleta ata o pico da Renclusa.

    Dende o mesmo Portillón Superior temos que perder un pouco de altura para acceder ó glaciar que se presenta diante de nós, o cal ocupa toda a ladeira norte do Aneto. Si vamos ó Portillón Inferior, temos que subir logo pola crista ata chegar ó Superior e dende este saír ó glaciar, polo que é mellor a primeira opción.

    Unha vez no Portillón Superior (2.908 m.) dirixímonos cara ó glaciar, o cal temos que atravesar diagonalmente evitando as posibles placas de xeo e gretas que por alí existen. Un pouco antes de acadar o Collado de Coronas (3.196 m.) hai unha zoa máis delicada na que deberemos usar o piolet e grampóns.

      Unha vez no cimbro, temos vistas da ladeira sur xunto co lago Coronado preto de nós, o val de Ballibierna, cumes como a Tuca de Ballibierna entre outros moitos e máis lonxanos, que se o día está despexado poderemos observar.

      Pasado o Collado Coronas temos que afrontar un duro repeito con moita inclinación onde se fai necesario tamén o uso de grampóns e piolet para acceder a punta Oliveras (3.398 m.) onde comeza o Paso de Mahoma. Este paso consiste nunha curta aresta duns 30 m. de lonxitude, flanqueada por profundos precipicios a ambos lados, pola que hai que pasar para chegar o verdadeiro cume do Aneto.

   No cume hai unha gran cruz de aluminio e varias ofrendas conmemorando diversos acontecementos, pero ademais podemos entreternos tratando de enumerar os cumes que dende aquí se divisan debido as magníficas vistas panorámicas que nos depara a montaña máis alta de Perineos.

     Non demoraremos moito, porque na baixada que faremos polo mesmo camiño de subida, como xa vimos bastante larga, podendo atoparnos con atrancos no Paso de Mahoma debido á afluencia de montañeiros e montañeiras. Tamén existe o risco de tormentas que soen desatarse con relativa facilidade polas tardes, polo que convén, si esto ocorre, estar o máis abaixo posible.