10 03 21 Alto de Ortiguero - Peña Blanca - El Mazuco (Cabrales e Llanes) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Cabrales e Llanes (Asturias)

 

PUNTO DE PARTIDA: Alto de Ortiguero (432 m) 

ACCESO: Dende a autoestrada A – 8 saímos en Posada de Llanes para coller a estrada AS – 115 ata o alto da Rebollada. Aquí seguimos pola AS – 114 en dirección a Panes. A 1,5 km está a pista que vai a canteira.                             

HORARIO: 5/6 horas                         DESNIVEL: 722 m de subida / 900 m de baixada                                   

DISTANCIA:16 km                            DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía                    

 MAPAS: I.G.N. – 55 – II – 31 – IV – 32 – III

SINOPSE: As vistas panorámicas son a principal oferta desta ruta que, son totalmente opostas as de subida e as de baixada. Mentres que durante a subida, si miramos cara atrás podemos ver dende este balcón privilexiado numerosísimos cumes dos Picos de Europa, dos que destaca o Urriellu, dende o cume de Peña Blanca, e o percorrido de baixada cara ao Mazuco, amósanos unha ampla panorámica que abrangue case toda a costa de Llanes e o Valle de Viango en primeira liña.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do alto de Ortiguero (432 m) por unha pista que cruza unha canteira. Deixamos a pista para seguir con rumbo nordeste por sendeiro ata Ayorín (504 m). Aquí temos unha pendente que nos leva xunto a unha cabana entrando na campeira de Los Cerraos (604 m), con algúns carballos.

            Temos agora unha lomba que debemos franquear a media altura en dirección nordeste ata o Collado de Ricao (658 m). Seguimos na mesma dirección pasando ao carón dunhas fincas nas que hai unha cabana, baixando, lixeiramente, para entroncar no Collado de Tebrandi coa pista que sobe dende Asiego (720 m).

            Preto de aquí está a campeira de Tebrandi (800 m) con boas cadras, moitos freixos e unha fonte. Seguimos a camiñada pola encosta de Cantu Bruno e Tiedu ata chegar a outra braña chamada La Mata (880 m) onde hai máis prados cercados con muros de pedras e cadras. Despois dun pequeno chan, temos un empinado repeito que serpexa cara arriba ata o amplo cimbro de Vierzu (980 m). Estamos situados no medio dun circo de montañas que cerran o lugar de Brañes. Cara ao norte temos Cabeza Bubena e Peña Blanca, a cal non podemos ver aínda. Vamos cara ao cristerío que divide dous pequenos vales, que cruzamos, seguindo pola dereita polo medio dun labirinto de calía chegando así a base rochosa de Peña Blanca (1.176 m).

            As panorámicas que nos amosa este cume son fantásticas. Abrangue 180º dende a costa de Llanes, a serra do Cuera e os tres macizos de Picos de Europa. Quen teña folgos, pode visitar a veciña Cabeza Bubena e logo dende o cimbro que divide ambos cumes, iniciamos a baixada pola faldra norte da montaña.

            Traspasamos primeiramente unha zona de grandes rochas e buratos chamada Escar, por camiño dubidoso. Seguimos baixando cara e El Cotayu (850 m) con fonte e bebedeiro, agora entre fincas cerradas temos como referencia á nosa esquerda as cabanas de Rebordiallu (730 m) e á dereita unha finca cerrada con muro de pedra e dous freixos.

            Por sendeiro, monte abaixo, imos cara a braña de La Grandiella (656 m), con cabanas case en ruínas. Deixamos a finca cerrada á nosa esquerda pasando entre as cabanas, chegando así ao cimbro de Las Llastrias (490 m), sitio especial que nos amosa espléndidas panorámicas. Na baixada deixamos á dereita, un pouco apartada, unha fonte co seu bebedeiro.

Seguimos cruzando fincas pechadas con muros de pedras, pasando á dereita as cabanas de Las Llastrias. Serpexando costa abaixo quédanos, á nosa esquerda, outra finca cerrada con parede e a cabana de La Batuda.

Pasamos xunto a fonte e bebedeiro de Las Traviesas que pertence a braña de Pláganu, seguindo polo ancho camiño da Concha Llau que nos leva a parte superior de El Mazuco (372 m).