10 05 16 Alto de Marabio - Caldoveiro - Banduxo - La Castañal (Yernes y Tameza e Teverga) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: TevergaYernes y TamezaProaza

PUNTO DE PARTIDA: Casa de Don Pablo (Alto de Marabio

ACCESO: Dende a estrada que sobe ao porto Ventana, en Entragu sae unha pista con dirección a Hedrada, pasamos a entrada do lugar e seguimos á dereita en dirección a Tameza ata a casa de Don Pablo.                                                          

HORARIO: 5/6 horas                                DESNIVEL:    450 m de subida / 1.000 m de baixada

DISTANCIA:            14 km                          DIFICULTADE: Baixa / Media 

TIPO DE RUTA: Travesía                      MAPA: I.G.N. – 52 – III

SINOPSE: Esta é unha ruta de media montaña que nos permite, con unha sinxela camiñada, percorrer un dos espazos protexidos menos coñecidos do Principado de Asturias, gozando de espléndidas vistas tanto das montañas que rodean este espazo como do desfiladeiro de Valdecerezales.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Dende a casa de Don Pablo (950 m),camiñamos pola estrada en dirección a Tameza uns metros collendo o antigo Camiño Francés que sae a nosa dereita dirixíndose cara ao Norte por riba dunha lomba. Ao comezo o camiño, embarrado en días de choiva, pasa entre fincas cercadas de paredes xunto as cabanas de Gasparín e Cubielles. Máis adiante o camiño convértese en sendeiro pasando polo medio dun pequeno e fermoso bosque de acivros aínda que, nas voltas de Cubielles, retoma o piso empedrado.

            Chegamos así ao cimbro de Tambaina ( 1.220 m) vendo, desde este lugar a lagoa do mesmo nome situada no val de Cadupo. Seguimos á esquerda superando pola ladeira Este cara ao cume do Caldoveiru (1.354 m) que nos vai amosar excelentes vistas a pesar da súa modesta altitude. Cara ao Norte temos Villabre e Fojó, mentres que, en días despexados a vista alcanza o mar Cantábrico e a cidade de Xixón. Cara ao Oeste está o cordal de Pena Manteiga e os cumes principais de Somiedo ao Sur; e a serra do Aramo e o macizo de Ubiña sitúanse ao Sureste e Leste, respectivamente.

            Baixamos a veiga de Cadupo pasando xunto a lagoa para seguir o Camiño Francés cara ao Alto de Santiago (1.241 m), baixando lixeiramente á veiga de Valdelacasa chegando así as lagoas de La Barrera.

            Seguimos por bo camiño onde podemos apreciar os restos da calzada romana pasando polo porto de Banduxu (1.128 m) que nos amosa as veigas de San Bartuelu. Neste lugar comezamos a baixada que nos leva primeiramente a braña da Collada, atopando no noso camiño as praderías que rodean as brañas de Languiñón, con cabanas ben conservadas.

            Seguimos polo val ata o cimbro de Cantu Pandu (925 m) atravesando praderías e por camiños empedrados para chegar a Banduxu, unha das aldeas máis fermosas de Asturias.

            Saímos polo sur da aldea, barrio de La Molina, para tomar o antigo camiño carreteiro que comunica este lugar coa estrada AS – 228. Este sendeiro, con forte pendente e ben conservado, baixa a carón do rego de Banduxu facendo zigzags polo medio dun bosque de castiñeiros tendo tramos, máis abaixo, tallados na rocha.

            Unha vez abaixo, temos que percorrer 300 m en dirección a Entrago atravesando a ponte de formigón e seguindo pola estrada outros 200 m ata a área recreativa de La Castañal