10 06 12 Jito de Escarandi - Bejes - La Hermida (Cabrales) Asturias (Cillorigo de Liébana e Peñarrubia) Cantabria
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Cabrales (Asturias) Tresviso, Cillorigo de Liébana e Peñarrubia (Cantabria)
PUNTO DE PARTIDA: Jito de Escarandi (1.300 m)
ACCESO: Dende Arenas de Cabrales, no km 30 da estrada AS – 114, coller pola AS – 254 ata Poncebos e dende aquí pola CA – 1 en dirección a Sotres. Pasado este lugar, a 3,5 km está o Jito de Escarandi.
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 700 m de baixada DISTANCIA: 17 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía MAPAS: I.G.N. – 56 – II – IIII - IV
DESCRICIÓN DA RUTA: Dende o mesmo Jito de Escarandi saen dous antigos camiños mineiros, un cara ao sur, en dirección a Ándara e outro en dirección leste que pasa polo antigo forno de Dobrillo e Bejes. Este último é o que temos que coller.
Ao pouco de comezar a camiñada atopamos unha cadra de bloques a dereita e de seguida a pista comeza unha baixada, con varias voltas ata un pequeno prado. A partir de aquí, o camiño, agora sempre a mesma altura, atravesa o monte Valdiezma bordeando a serra de La Corta, dirixíndose cara ao paso de La Corta. Podemos ver máis abaixo as cabanas de La Cerezal, atopándose un pouco máis aló o cantón de La Llomba, onde de lonxe apréciase o Rasa de la Inagotable.
Sen ningún problema, o camiño segue ata chegar ao monte de La Llama, a altura do rego do Torno (5,6 km – 1.114 m). A medio quilómetro chegamos a un cruce no que seguimos de fronte, ata chegar ao regato de Los Lobos e a fonte do mesmo nome (7,3 km – 1.132 m). Neste lugar xúntase o camiño que ven do refuxio do Casetón de Ándara. Seguimos a andaina e un pouco máis adiante podemos ver de fronte o lugar de Tresviso, quedando cara atrás as cabanas dos invernais de Cerezal e La Llama. Pouco tempo despois, nun grande recóbado que fai a pista podemos observar os pronunciados zigzags que fai o camiño que baixa de Tresviso a Urdón así como o chamado Balcón de Pilatos.
Chegamos as ruínas do antigo forno de Dobrillo (9,5 km – 1.091 m). Só quedan as plataformas en chanzos desta antiga instalación onde se tostaban os carbonatos de cinc (calaminas) para conseguir unha diminución de peso e o conseguinte enriquecemento das leis do cinc.
Uns cincocentos metros máis adiante a pista xira no lugar de La Revuelta cara a esquerda pasando despois doutras pronunciadas curvas xunto ao invernais de Hoja chegando en pouco tempo ao lugar de Bejes (12 km - 590 m).
Cruzamos esta aldea ben seguindo a estrada asfaltada ou atallando por un camiño en dirección leste que nos leva a mesma estrada. Seguimos pola mesma durante uns 5,5 km ata que chegamos a La Hermida onde remata esta fácil e fermosa travesía