25 02 15 LEVINCO - PICO FORMOSO

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Levinco (450 m)

ACCESO: Levinco está na estrada AS-112 que vai de Ujo ao porto de San Isidro

HORARIO: 5/6 h                               DESNIVEL: 850 m                DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media                       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Levinco (450 m)      COTA MÁXIMA: Pico Formoso (1.245 m)

MAPAS: I.G.N. – 78 – II – 53 – IV

SINOPSE: Dende o Alto de la Colladona ata Pelúgano hai unha modesta serra con os suaves Collaos de Llao preto da Colladona ata a quebrada Sierra Espinosa que remata no Piquín de la Mota. É na Sierra Espinosa onde se sitúa o cume Formoso, punto máis alto desta modesta serra de apenas tres quilómetros. Esta serra fai de límite entre os concellos de Aller e Laviana.

          Hai rutas alternativas, con menos distancia e desnivel.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada sae xunto á fonte de Levinco, enfronte da estrada que vai a Bello. Comezamos con rumbo norte seguindo a rúa da Alegría, que pouco dura, xa que axiña saímos da poboación e comezamos a subida.

             Logo do primeiro quilómetro, o camiño xira ao sur leste durante un tramo polo Camín de Penes, con tramos tallados na rocha, que nos ofrece unha boa panorámica do val. De seguida cambia de dirección para dirixirse cara a unha canle onde o camiño pasa pola zona de El Esprón que nos levará á fonte de La Guariza (840 m).

            Unha vez xunto á fonte, o camiño xira á dereita cara á braña de Navalcolléu (943 m) situada debaixo de Peña Castro. O camiño segue subindo en dirección nordeste achegándose aos estribos da serra de Pelúgano.

            Na parte superior dunha pequena pradería, seguimos un camiño de gando que sobe a unha franxa herbosa que transita entre a parte baixa e alta da serra. Imos camiñando con a parte alta da serra á nosa dereita e sobordamos o pico Formoso uns metros onde, uns metros máis adiante xiramos á dereita para acadar o cume (1.245 m) sen ningún problema.

            Desandamos este pequeno tramo para seguir cara ao norte por esta franxa herbosa desde a que descendemos por calquera das moitas opcións que nos ofrece. A baixada é obrigada cara á braña e Collada de Palmeyín (1.070 m) desde onde sae unha pista entre prados e cabanas en dirección norte.

            Esta pista chega a unha bifurcación onde temos que coller á esquerda para seguir baixando ata a fonte de La Foyaneza (856 m) onde temos outra bifurcación. Seguimos o ramal da dereita é máis abaixo, nunha curva pechada, sae outra pista pero nós seguimos pola dereita que é a que nos leva a Escoyo (570 m), aldea que cruzamos en baixada para seguir pola pista de acceso á estrada AS-112.

            Máis abaixo, xa preto da estrada AS-112 chegamos a unha curva pecha con o pazo de Vega á nosa esquerda, rexeitamos baixar á estrada e seguimos de fronte por riba da igrexa de San Martín de Vega

            Subimos un tramo de camiño de formigón que pasa xunto ao cemiterio e pouco despois chegamos a Levinco.