22 10 12 PEÑA UBIÑA (pola aresta este)

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Lena (Asturias) San Emiliando (León)

PUNTO DE PARTIDA: Tuiza de Arriba (1.230 m)

ACCESO: Dende a autoestrada A – 66 coller a saída a Campomanes e logo a LN – 8 que sobe ao porto de La Cubilla.

HORARIO: 7/8 horas            DESNIVEL:1.245 m                    DISTANCIA: 11,4 km

DIFICULTADE: Alta              TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Tuiza (1.230 m)             COTA MÁXIMA: Pena Ubiña (2.417 m)

MAPA: Macizo de Peña Ubiña de Adrados

SINOPSE: O Macizo de Ubiña está situado nos concellos asturianos de Quirós e Lena e no de San Emiliano de León e pertence ao Parque Natural Ubiñas – La Mesa.  

            Posúe os cumes máis altos da Cordilleira Cantábrica, exceptuando os Picos de Europa e neste territorio pódense facer innumerables actividades de montaña desde subidas fáciles a outras onde se precisa material de escalada. No inverno tamén se pode facer infinidade de actividades pero con material específico.

            As principais vías de entrada a este macizo son Tuiza e o porto de La Cubilla desde Aturias e Torrebarrio desde a parte leonesa. Desde Quirós, a entrada principal é desde o porto de Ventana.

            A ruta aquí descrita é unha das infinitas que se poden facer neste macizo. Neste caso, o estar acostumado a camiñar por terreo agreste é imprescindible para poder gozar desta camiñada.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada parte do aparcadoiro de Tuiza de Arriba para coller o trillado camiño que sobe á Veiga de Meicín (1.549 m) é refuxio ao que chegamos despois de camiñar dous quilómetros.

            Xunto ao refuxio parten distintos camiños, o máis “popular” para subir a Pena Ubiña é o que sobe polos prados ao Alto Terreros pero nós, seguiremos unha subida moito menos transitada. Saímos do refuxio camiñando os primeiros pasos cara ao Alto Terreros pero axiña, vamos xirando a dereita cara a uns pedreiros que dan entrada a unha campa. Cruzamos esta entrada de pedreiros para subir pola campa por onde mellor podemos, collendo algúns zigzags xa feitos, que nos van levar á parte superior desta campa.

            Por riba temos uns penedos que na súa parte esquerda ofrecen unha canle, pero nós vamos cara á dereita seguindo uns fitos que nos van levando con pequenas trepadas sen moita complicación á un chan onde, á nosa dereita queda o Cuetu Les Cabres é á esquerda Las Fanas.

            Fixámonos, neste lugar, nun carreiro que temos de fronte, a máis altura que é ao que temos que chegar. Subimos pegados aos penedos das Fanas, aproveitando unha subida por zona herbosa para subir a un outeiro de herba, situado na base da aresta este de Pena Ubiña.

            Logo dunha pequena parada, proseguimos a subida cara as primeiras rocha desta aresta. Comezamos esta parte da subida onde se intercalan trepadas fáciles con tramos fáciles pero todos moi empinados. Hai que dicir que o terreo, aínda que non é moi técnico, si que sería bastante complexo para a xente que non estea acostumada a este tipo de actividade, dado que existe unha exposición ao baleiro é, o esforzo físico tamén é importante.

            Sobordadas as últimas rochas, xa podemos ver o vertixe xeodésico do cume da Pena Ubiña do que solo uns pasos de subida nos separan.

            Si o tempo é favorable, desde este cume divísanse unha innumerable lista de montañas. Baixo os nosos pés, na parte de Asturias temos a Veiga de Meicín con o seu refuxio, é mirando máis alto podemos ver cumes como o Tapinón, Siegalavá, Peña Rueda, os Fontanes, o Sete, os Castillines, o Prau. O porto de Ventana con o Ferreirúa, os lugares de Torrestío, e Torrebarrio, na Babia leonesa. Tamén temos preto a Pena Ubiña Pequena e Pena Cerreos, así como as praderías de Riotuerto na base de Pena Ubiña é detrás a Veiga de Candioches. Polo sur, tamén podemos ver as instalacións da estación de esquí de Pajares é máis preto o Cordal da Vallota con o cume de La Mesa como o máis significativo.

            Comezamos a baixada seguindo a crista cimeira en dirección sur, considerada a vía normal de subida a Pena Ubiña. Unha vez abaixo, encamiñámonos cara ao fondo do val onde está a fonte de La Panalona e o chozo de Riotuerto.

            Pasamos xunto a esta pequena cabana seguindo a que chaman Senda del Pan, que vai pola parte superior desta inmensa e fermosa pradería onde, temos que atravesar unha liña de arames. Facémolo arrastrándonos polo chan para salvar este paso cambiando progresivamente de dirección ao norte.

            Pasamos entre rochas e prados os lugares de Las Virlonchas e Los Ganchos para entrar en Huerto Las Rubias. Aquí temos que buscar un pendente carreiro que baixa en zigzag en dirección norte e con forte pendente. De fronte podemos ver o val polo que subimos cara ao Meicín é, cara ao fondo do val, temos que dirixirnos. Cruzamos diferentes prados, sempre con fortes pendentes para coller o Camiño de Inverno, e seguir baixando por el ata Tuiza, onde rematamos este fermoso día de montaña.