09 07 24 Val de Ransol - Pala Serrera

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Andorra

PUNTO DE PARTIDA: Final da pista Coma de Ransol

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 1.000 m          DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Media / alta                     TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Punto de saída1.944 m            COTA MÁXIMA: Pala Serrera (2.912 m)

DESCRICIÓN DA RUTA: No remate da estrada que sobe polo val de Ransol, sae un camiño á esquerda que sobe polo val do río Dels´Meners. O camiño pasa xunto aos lagos de Ransol e Meners de la Coma para dende este último subir ao cume da Pala Serrera (2.912 m).

            Dende o cume, en plena cordilleira de Pirineos, cara ao norte temos unha zona lacustre en territorio francés.

            Baixamos de novo ao lago de Ransol, camiñando pola ladeira da esquerda ata o refuxio de Cóms de Jan para seguir un sendeiro que baixa ao punto de partida xunto a ponte do río Dels´Meners.