11 10 01 As Ubiñas (San Emiliano , Lena) León, Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

El Picón – Ubiñas - Tuíza

 

 SITUACIÓN: Macizo de Ubiña. San Emiliano (León) Lena (Asturias)

ACCESO: Na autoestrada de Oviedo - León  desviámonos a Campomanes e aquí collemos a estrada que vai ao porto de La Cubilla.

HORARIO: De 6 a 8 h                   DISTANCIA: 14 km                TIPO DE ROTA: Travesía         

DESNIVEL: 950 m (dous cumes)            DIFICULTADE: Media/alta

MAPAS: I.G.N. – 77 – IV – 102 – II

SINOPSE: Peña Ubiña  (2.411 m) xunto con o Fontán Sur (2.414 m) son os cumes máis altos do Macizo de Ubiña.

            De intricada orografía que se estende pola Babia, Lena e Quirós, este macizo forma profundos vales que son a única vía cara aos cumes altivos e bravos de alta montaña e que ten a rocha calcaria no seu máximo expoñente.

Peña Ubiña é o cume máis importante desta zona e dende o pico temos aos nosos pés o Valle del Huerna e tódolos cumes do macizo.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina antes de encarar a última recta que da ao alto de El Palo, na zona coñecida como El Picón. Xusto antes dun pedreiro que cae de Peña Vera a unha altitude de 1.660 m, parte un sendeiro pola dereita que despois dunha subida duns cincuenta metros e uns poucos zigzags déixanos na Veguina. Subindo por este sitio aforramos un bo tramo rodeando pola Casa de Mieres e os vales de La Cantarilla e María Delgado.

            Chegamos a un cimbro dende o que vemos a estacada de arames que divide as provincias de Asturias e León, e ao lonxe as moles de Peña Ubiña Grande e Peña Cerreos. Atravesamos a estacada vendo en toda a súa amplitude La Veguina e a veiga de Candioches, cerrada ao fondo polo muro de Los Ollones,  a onde nos diriximos. Pola esquerda ven un camiño da Casa de Mieres o cal enlazamos cara a Los Ollones que atopamos sen perda algunha seguindo os meandros de Riotuerto.

            Agora temos de fronte unha parede marcada con pintura marela nos primeiros tramos aínda que temos outra opción un pouco máis pola dereita.

            Superado este paso xa podemos ver todo o val de Riotuerto, e a Ubiña Pequena  a cal nos vamos achegando para situarnos na base Este dende a cal iniciaremos o ascenso. A subida clásica faise cara a unha zona herbosa por onde hai marcas e fitos ata o cume.

            Existen varias vías tanto para subir como para baixar, en todo caso temos que volver ata as praderías de Riotuerto e dirixirnos ao cimbro de El Ronzón (1.937 m) dende o cal, primeiro por prado e logo seguindo a aresta, subiremos a Peña Ubiña Grande (2.411 m) raíña do macizo que leva o seu nome.

            A baixada podemos facela polo mesmo sitio, tendo tamén a opción de descender pola Canal de Fana, esta con incómodo pedreiro e escollos rochosos.

            Unha vez abaixo diriximos os nosos pasos ao amplo cimbro Terreros (1,890 m) cruzando a estacada e baixando de fronte polos prados cara ao refuxio abicado na Vega del Chagu (1.545 m).

            Logo o camiño moi marcado lévanos ata a Portillera que da paso as inmediacións de Tuiza (1. 220 m) onde remata a travesía.