20 06 21 LOS PUERTOS DE VERANO

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Pola de Gordón (León)

PUNTO DE PARTIDA: Cabornera (1.060 m)

ACCESO: Desde a N – 630 que une Oviedo con León, entre Vega de Gordón e Pola de Gordón sae a estrada LE – 473 que sobe ao porto de Aralla.

HORARIO: 5/6 horas                      DESNIVEL: 450 m             DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Cabornera (1.060 m) COTA MÁXIMA: Porto de Stª Cruz  (1.477 m)

MAPA: I.G.N. – 103 – II

SINOPSE: Os transhumantes tamén recorrían curtas distancias. O gando desprazábase en inverno cara aos páramos e ribeiras do sur da provincia de León, onde se aproveitaban os pastos e facía menos frío, e volvían á montaña no verán onde a altitude e o clima da Cordilleira Cantábrica Leonesa permitían que os pastos foran abundantes e estiveran frescos.

            Esta ruta vai polas pequenos camiños que conectaban con os Puertos de Verano ofrecendo, todo o recorrido, unha vistas impresionantes da Cordilleira Cantábrica Leonesa.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Cabornera para cruzar o río Casares por unha ponte e comezar a subida continua ata o cimbro de Santa Cruz.

            Logo de cruzar o río, seguimos unha pista á esquerda que dando un rodeo irá achegándonos á Foz del Calero, formada polo regato de El Fraile, lugar de gran fermosura, por camiño empedrado que sobe pola angosta garganta.

O camiño segue subindo ata chegar ao porto de Fonfrea (1.340 m) primeiro e Espineo (1.359 m) despois. Na ascensión, a Cordilleira Cantábrica amosa paisaxes en todo o seu esplendor.

            Seguimos sempre a pista principal que cruza varios vales sempre subindo ata que chegamos ao porto de Santa Cruz (1.477 m).

            Desde este lugar séguense varios carreiros que nos permiten acceder á Foz Escura, paso impresionante entre cuxas paredes aínda quedan os restos de antigas cabanas de pastores.

            A ruta segue as veces perdida entre os pedreiros ata que nos introduce nun faial onde pouco a pouco vamos baixando ata que damos vista á aldea de Paradilla de Gordón.

            Unha vez que saímos do bosque temos un cruce de camiños, o da esquerda, que é o principal baixa cara a Paradilla pero, nese punto, seguimos pola dereita seguindo un carreiro que transita pola parte inferior do faial.

            Logo de pasar polo lugar de El Castro temos á nosa dereita a Foz de Valdecuevas á que podemos achegarnos nun tramo de ida e volta.         

            Seguimos o noso andar, primeiro paralelos  ao regato Valdecuevas ata preto da estrada onde por riba  duns prados iremos dar definitivamente a dita estrada camiñando por ela pouco máis de un quilómetro ata chegar de novo a Cabornera.

            Pico Feliciano (1.822 m)

            Para subir este cume, dende o porto de Santa Cruz, temos que salvar un desnivel de 350 m, e para iso collemos á esquerda en dirección sur para ir bordeando esta montaña e acadar o seu punto máis alto situado ao oeste. A baixada facémola polo mesmo camiño ata o porto de Santa Cruz para  seguir despois a ruta normal.