18 09 16 Pico Coriscao

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

(Ptº de San Glorio – Coriscao – Llánaves de la Reina)

 

SITUACIÓN: Camaleño (Cantabria) Boca de Huérgano (León)

PUNTO DE PARTIDA: Porto de San Glorio (1.609 m)

ACCESO: Desde Potes pola N – 621 cara a Riaño

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 690 m de subida / 920 m de baixada                  

DISTANCIA: 14 km                         DIFICULTADE: Baixa        TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Llánaves de la Reina (1.420 m)      

COTA MÁXIMA: Pico Coriscao (2.234 m)

MAPAS: I.G.N. – 81 – I – III

SINOPSE: O pico Coriscao é un dos cumes da Cordilleira Cantábrica que máis se achega aos Picos de Europa. Desta proximidade e a súa altitude converten este cume nun miradoiro privilexiado desde onde podemos contemplar os tres macizos pero, moi especialmente o Central e Oriental.

            Este cume e un gran clásico dos montañeiros e montañeiras que saíndo do porto de San Glorio é relativamente fácil de acadar.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Desde o mesmo porto sae unha pista con dirección nordeste que vai ao Collado de Llesba (1.680m) onde existe un miradoiro e o monumento ao oso.

            Desde aquí remontamos cara ao oeste por unha ancha lomba e un outeiro herboso situado fronte a un cume máis importante de rochas negras e aspecto inaccesible, Peña del Gustal. Baixamos cara ao cimbro que separa estes pequenos dous cumes para flanquear horizontalmente pola cara sur de Peña del Gustal chegando de seguida ao cimbro oposto.

            Desde o cimbro Gustal, continuamos con o flanqueo pola mesma vertente para así, evitar o cume seguinte, Peña Cascajal, e acadar un amplo cimbro, Collado Valdeoso, que separa este cume do Coriscao. Agora só nos queda superar a derradeira ladeira, máis pendente, que sobe a cimeira do Coriscao (2.234 m)

            En días despexados, as panorámicas que nos amosa este cume son excepcionais. Podemos ver parte dos tres Macizos de Picos de Europa con innumerables cumes, sobre todo do Macizo Central e Oriental e cara as sur infinitas montañas da Cordilleira Cantábrica entre as que se atopa Peña Prieta ou o Espigüete.

            Comezamos a baixada en dirección suroeste cara ao Alto de Valdeloso primeiro de La Cardosa máis tarde xirando o camiño en dirección sur este alcanzando así o rego Culebrejas.

            O camiño pasa pola braña de Los Cantos (1.560 m) e máis abaixo xunto á cabana de Linarucas (1.520 m), chegando pouco despois a estrada N – 621 moi preto de Llánaves de la Reina (1.420 m).