18 06 17 Teixedal de Casaio

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Carballeda de Valdeorras (Ourense)

PUNTO DE PARTIDA: Base da Cabrita (1.710 m)

ACCESO: Ao porto de Fonte da Cova pódese chegar desde O Barco pola OU-122, pasando por A Medua e Casaio.

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 700 m              DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular              MAPA: I.G.N.-229 – I

COTA MÍNIMA: Entrada á teixeira (1.325 m)  

COTA MÁXIMA: Cruce do sendeiro a Pena Trevinca (1.900 m)

SINOPSE: A Teixeira de Casaio ten o redor de 440 teixos, a maioría centenarios que conviven con outras especies como acivros, avelaneiros, capudres e freixos. Destaca por ser un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa, xa que esta árbore soe medrar illada. É unha zona de difícil acceso que forma parte da Zona de Especial Protección de Pena Trevinca.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da base da Cabrita pasando por varias canteiras para de seguido subir unha forte pendente para chegar ao Alto da Cabrita (1.840 m). Á dereita temos unha sinal de cor verde a Fonte da Cova, pero nós desviámonos á dereita seguindo as indicacións doutro letreiro que en letras azuis pon: Teixedal 2 h.

            Camiñamos por monte baixo entre matueiras de breixo, atopando outra sinal con dirección á teixeira. A partir de aquí só temos postes e pequenos fitos de pedra, baixando pola ladeira nun zigzag en forte pendente por carreiros pouco claros polo que faremos caso da intuición.

Entre xestas atopamos agora un carreiro que collemos xirando á esquerda para chegar ao Regato de Valellos o cal cruzamos seguindo por un carreiro entre carballos desde o que podemos ver a escombreira da mina de Valborraz é, a uns setecentos metros chegamos á entrada da teixeira.

Comezamos o percorrido pola teixeira cruzando o regato do Penedo para dirixirnos cara ao resto das paredes do que foi un refuxio de maquis. Seguimos cara á dereita, subindo uns oitenta metros, ata un impresionante carballo e logo recorremos o bosque onde é moi fácil desorientarse pola súa dificultade orográfica e a penumbra.

Podemos ver os centenarios teixos de ramas retorcidas e follas verdes escuras que lles fai destacar ao lonxe entre o resto do bosque.

Seguimos a camiñada, baixando de novo ao refuxio dos maquis para seguir subindo ao longo da teixeira preto do regato do Penedo á nosa esquerda. Chegamos a dúas fervenzas moi pretas entres si de grande fermosura. Continuamos en ascenso por un carreiro entre novos carballos para chegar a un verde chan con dúas cabanas, unha totalmente derruída e outra de forma circular. Camiñamos en liña recta ata un pequeno bosque de acivros o cal atravesamos.

O camiño non é nada fácil, si non coñeces o lugar, polo que é imprescindible camiñar xuntos/as xa que non existen marcas de ningunha clase.

Cruzamos de novo o regato de O Penedo, levando agora  á nosa dereita, seguindo a súa canle pola parte superior da ladeira entre herba e xoves árbores , evitando así os matueiros altos e as zoas asolagadas.

            Novamente cruzamos o rego para seguilo á súa beira, pasando un curto desfiladeiro ao lado dunha rocha bicuda que destaca no horizonte. Subimos xunto á estreita e curta fervenza  para chegar a unha enorme pedreira, tendo que subir por ela ata practicamente a lagoa.

            Lagoa da Serpe, lle chaman nalgúns mapas pero que, en realidade é a Lagoa do Penedo que da lugar ao nacemento do rego Penedo. Esta lagoa desaparece en épocas de seca sendo moi superficial, circular e pequena.

            Desde a lagoa subimos pola ladeira esquerda ata un carreiro ben visible que se dirixe a Pena Trevinca, e logo duns catrocentos metros, xiramos á esquerda seguindo o camiño inverso a Pena Trevinca ata o lugar da saída.