17 11 18 Bermiego - La Rebollada - Las Xanas

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Quirós e Santo Adriano (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Bermiego (740 m)

ACCESO: Desde a A – 8, temos que saír en Soto del Barco para coller a estrada que vai a Cornellana. Seguimos en dirección Cangas del Narcea e enlazamos con a A – 63 en dirección a Oviedo. Collemos a saída 9 en dirección a Trubia para seguir pola AS – 228 ata Caranga de Abajo, lugar no que seguimos de fronte pola AS – 229, dirección Pola de Lena. Logo, a altura de Turiezo temos o desvío a Bermiego.

HORARIO: 6/7 horas            DESNIVEL:    600 m de subidas / 1.150 de baixadas        

DISTANCIA:  14 km (sen a visita ao teixo)

DIFICULTADE: Media          TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: A. recreativa de Las Xanas (180 m)      

COTA MÁXIMA: Collada de Linares (1.150 m)

MAPAS: I.G.N. – 52 – II – IV

SINOPSE: Este é un tramo da ruta que vai desde Oviedo ata Cortes chamado camiño de San Melchor.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada na aldea de Bermiego (740 m) onde podemos visitar o famoso teixo cun percorrido de un quilómetro e medio de ida e volta. Logo saímos da aldea pola parte superior seguindo un camiño de formigón que ten tramos bastante pendentes. Sen perda, este camiño que atravesa fincas de prados pasando xunto a ermida de La Merced, encúmanos no alto da Collada de Linares (1.150 m), punto máis alto deste recorrido.

            A pista segue un tramo en chan polas abas da serra do Aramo, ata o seu remate xunto a unha porta metálica. A partir de aquí, a pista convértese nun sendeiro que sen grandes desniveis vai atravesando diferentes regatos onde se concentra unha grande cantidade de lama.

            Camiñamos con pequenas subida e baixadas pasando o Pando de la Mortera,  praderías e bosques de acivros, tendo fermosas vistas. O camiño descende suavemente por unha pradería para chegar ao Puerto de Andruas (950 m), e o Collado de la Canal Seca, onde o sendeiro enlamado se converte unha ampla e limpa pista. Máis abaixo a pista está formigonada ata a aldea de La Rebollada (660 m).

            Cruzamos esta aldea de fronte polo medio das casas, deixando á dereita a estrada asfaltada que vai a Pedroveya. Logo do remate desta aldea o camiño baixa para atoparse con o que ven da ermida de Pedroveya, e así internarnos no desfiladeiro de Las Xanas.

            Este fermoso e curto sendeiro baixa á area recreativa (180 m) situada no remate do desfiladeiro onde nos agarda o autobús.