04 09 26 Pico Tapinón – Serra de Camparones (Lena) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

PUNTO DE PARTIDA: Tuiza de Arriba 

ACCESO: En Campomanes, coller a estrada LE – 8 que sobe ao porto de La Cubilla. Tuiza atópase no km. 17 de dita estrada.

HORARIO: De 5 a 6 horas     DESNIVEL: Total acumulado 950 m.(subindo ó Tapinón 1.450 m.)

DIFICULTADE: Media (subindo ó Tapinón alta)                         TIPO DE ROTA: Circular

SINOPSE: Se o Tapinón estivera en calquera outro punto da Cordilleira Cantábrica sería a principal atracción do sector, pero a proximidade de Peña Ubiña fai que case toda a atención montañeira se dirixa noutra dirección. Non deixa de ser unha pena porque os montañeiros que visitan a zona non chegan a coñecer unha montaña que ofrece interesantes perspectivas dos cumes centrais do macizo,e que por outra banda, intégrase perfectamente nesta rota circular proposta con caracter altamente alpino. A mistura de prados, paredes de rocha e panorámicas da a esta rota un carácter especial e a situación do Tapinón con respecto a Peña Ubiña, convérteo  ao igual que Peña Rueda, nun balcón privilexiado sobre os Puertos de Agüeria

 

DESCRICIÓN DA ROTA: En Tuiza, xusto antes da primeira casa, temos un cartel informativo sobre o Valle de Xomezana. Collemos este sendeiro que pasa xunto a unha fonte en dirección este con o Collado de el Viso como referencia. O camiño pasa entre prados e nós debemos seguir sempre de fronte ante calquera desvío ata que pasamos a cuarta portiña que deixa paso a terreos de monte. Non temos mais que seguir a sinalización que nos levarán sen perda ata o Viso. Este balcón amósanos fermosas vistas cara atrás con Tuiza no fondo do val e por enriba a inmensa mole de Peña Ubiña. Tamén podemos ver o Cordal de Vallota cos cumes da Almagrera a Mesa e a Tesa, así como ao lonxe o porto de Pajares e a autovía do Huerna.

            Agora abandonamos a sinalización e subimos pouco a pouco pola faldra de Peña Foxón ata chegar a un cimbro próximo onde atopamos o camiño de La Calear, tallado na rocha o cal debemos de seguir. Esta sección e aérea pero sen ningún perigo, que nos ofrece as mellores vistas do Val de Xomezana, as serras de Peña Mayor e Peña Mea, así como ao lonxe os Picos de Europa.

            Ó pasar unha lomba, chegamos a veiga de El Forcau onde avistamos o cume Tapinón. Quen queira non ten mais que seguir este val para subir en pouco mais de unha hora ao cume que nos sorprenderá pola verticalidade da súa parede norte. A baixada faise seguindo a crista este por onde mellor se poida ata a Collada del Trave onde se enlaza de novo co camiño circular hoxe proposto.

            Dende o sendeiro da Calear no fondo da veiga de El Forcau, temos dúas opcións: Seguir o camiño da Calear por debaixo da braña de Valseco para pasar entre os cumes de Cruces de Fondo e Carba de Valseco bordeando o Abedulón ata a braña de Corros.

            A outra opción consiste en subir dende o fondo da veiga de El Forcau directamente a Collada del Trave para logo baixar a Corros. Este tramo e máis curto pero tamén máis pendente.

            Unha vez na braña de Corros seguimos en dirección a El Llegu, onde tamén hai unhas cabanas de pastores e unha atractiva lagoa que tamén serve de refuxio para patos e outras aves durante o inverno. Para nós servirá como lugar de descanso antes de afrontar a derradeira subida da xornada.

            Seguimos o camiño, agora en dirección sur para pouco a pouco ir remontando o val de Rertertorio e na metade da subida, os máis fogosos e fogosas sentirán ganas de subir ao Fariñentu polo pedreiro que cae por riba de Cheturbio.

            Proseguimos de fronte xirando agora ao sur - este para rematar a subida no Bocarón, dende onde gozamos dunha sorprendente vista de paxaro de Tuiza de Abaixo e de novo o Cordal da Vallota e o cume Cirbanal a dereita deste cordal pertencente a Barrios de Luna.

            Dende o Bocarón a senda baixa en múltiples zigzags e logo cruza cara a dereita por riba dunha canle case vertical. Saímos na parte alta dunha zona herbosa que en cómodas revoltas nos baixa primeiro ata un bebedeiro e logo a Tuiza pola marxe dereita dun torrente.

            A pendente media desta baixada e dun inesquecible 50 % e pode que os xeonllos se resintan un pouco pero chega con disfrutar do entorno para mitigar o cansazo. Así rematamos un día completo e moi montañeiro.