07 05 20 Huerto del Diablo (San Emiliano) León (Quirós) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Macizo de Ubiña – Quirós (Asturias) – San Emiliano (León)

PUNTO DE PARTIDA: Puerto de Ventana (1.586 m.)

ACCESO: En Trubia collemos a estrada AS – 228 que sobe ao porto de Ventana

HORARIO: 5/7 horas         DESNIVEL: 540 m. de subida - 1.400 m. de baixada           

DISTANCIA: 17 km.     DIFICULTADE: Media     TIPO DE ROTA: Travesía                       

MAPA: I.G.N. 77 - IV

SINOPSE: Para percorrer os cumes do extremo Norte do Macizo de Ubiña e outros máis, o Puerto de Ventana constitúe o mellor punto de partida e dende o cal se precisa menos esforzo. A explotación, preto do porto, dunhas minas de carbón a ceo aberto, fixeron estragos no monte, quedando a paisaxe profundamente deteriorada. De toda – las maneiras, esta é unha excursión que combina un tramo central árido e agreste de alta montaña cantábrica con outro que nos pasea por praderías alpinas e grandes manchas de bosques.                                                                      

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos do porto Ventana pola pista que pasa por Trobaniellu e conduce a Ricabo. Aos poucos metros chegamos a fonte de Brañanueva, onde collemos un pendente camiño a dereita que fai varios zigzags a través das escombreiras situándonos nun cimbro (1.695 m.), entre o Peñón de Ventana e os escombros dunha lomba, asomándonos ao val de Cuspasante en terras leonesas. Durante uns minutos continuamos subindo por escombreiras ata chegar a cimeira de Busbedín (1.750 m.). Seguimos subindo, agora con certa suavidade, pola mesma lomba ata chegar as Rebollosas (1.955 m.). Unha pequena baixada para chegar a fermosa Collada de Socellares (1.865 m.).

      Xiramos a dereita, procurando non perder altura , para coller un sendeiriño que faldrea a Peña Melluque (2.065 m.) con rumbo Este e saír a unha canliña con rumbo Sur este, a cal vamos ascendendo ata chegar ao cimbro (2.010 m.). Xiramos agora a esquerda i en poucos minutos coroamos o pico do Huertu del Diablu (2.110 m.) ou Peña de Socellares

      O peor da proba xa está superado, e quen chegue aquí con máis gañas de pelexa pode seguir cara ao norte que o Picu Campu Faya está agardando. A maioría, xa non lle quedan gañas de guerra, e quererá cambiar de ambiente, baixando uns minutos cara ao oeste, logo por unha ampla e redonda lomba ao noroeste para entrar e cruzar a Vega Socellares ata un pequeno cimbro situado ao lado do Chozo de Socellares. Aquí temos outra fermosa vista cara ao norte, pero esta vólvese impresionante tres minutos máis tarde ao baixar ao límite norte do pequeno burato.(punto 1.784 m. do mapa).

      Tamén impresiona o feito de que dende aquí imos descender unha ladeira bastante incómoda, en diagonal cara ao noroeste, para chegar a un cimbro que nos permite estudiar a cunca alta do Valle de la Foix. Dende o cimbro, un sendeiro de gando axúdanos a baixar ata unha solitaria árbore xunto a dúas grandes rochas. Aquí collemos un estreito sendeiro cara ao norte, pero de seguida volvemos sobre os nosos pasos para baixar polo sendeiro e entrar no faial. É moi importante localizar o sendeiro ben se queremos gozar da baixada polo bosque, que é unha gozada despois da guerra coas rochas, aló enriba na montaña.

      Despois duns minutos alcanzamos un pequeno regato con auga fresquísima, e máis abaixo cruzamos este mesmo regato para entrar nun prado abandonado de sega. Ao saír deste, comeza o tramo de desfiladeiro (foix), pasando dun lado a outro do regato segundo mellor nos conveña, ata que ao remate saímos a pista que baixa a Bueida.

      Baixaremos sen presas pola cómoda pista ata Ricabo onde nos agarda o autobús.