04 06 12 CANÓN DO RÍO TERA (Ribadelago) Zamora

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN:  Parque Natural del Lago de Sanabria (Galende – Zamora)  

PUNTO DE PARTIDA: Ribadelago Viejo

ACCESO: Dende a autoestrada que une Vigo con Benavente, desviarse en Puebla de Sanabria pola estrada que vai a Galende e Ribadelago Nuevo.

HORARIO: De 5 a 6 horas                                        DESNIVEL: 500 m.

DIFICULTADE: Media                                              TIPO DE ROTA: Ida e volta

SINOPSE: O Lago de Sanabria é o maior lago de orixe glaciar de España, de forma ovalada e cunhas dimensións de 3,1 x 1,6 km e unha profundidade de 55 m.

    As morrenas frontal e laterais son perfectamente visibles e indícannos que a gordura do xeo debeu chegar a cincocentos metros. O lago e os seus arredores son parque natural dende o 27 de outubro de 1978. Está situado a 12 km de Puebla de Sanabria.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Dende Ribadelago Viejo comezamos esta rota, concretamente dende o campo de fútbol situado xunto ao río. A partir de aquí seguimos por un sendeiro con moitas pedras que debemos ir sorteando. O camiño desvíase cara á esquerda do río e segue subindo entre unha carballeira ata que nos volvemos a atopar con o río, ao chegar a un alto atoparémonos cuns chanzos de pedra moi grandes.

    Baixamos a un pequeno val e a dereita podemos contemplar a primeira poza do canón. Seguindo o sendeiro marcado con estacas de cor verde, ascendemos e vemos as sorprendentes formacións que a auga foi cavando con o paso dos séculos.

    A partir de aquí a subida faise mais pronunciada, temos que cruzar o río para seguir pola súa marxe dereita. Tras continuas subidas e baixadas chegamos a Cueva de San Martín (1.320 m). Se queremos continuar coa nosa camiñada ata o encoro de Vega del Tera, temos que coller un camiño que sube pola dereita, paralela ao regato. Ao chegar a un bosque de acivros, temos que seguir por un carreiro á esquerda, cruzamos o rego por unha ponte, e a partir de aquí xa non hai mais postes de sinalización, polo que teremos que ter coidado e servirannos de referencia os camiños feitos polo gando.

    Cando cheguemos ao alto veremos unha poza moi grande, a partir de aquí o camiño sube pola dereita da montaña e despois de andar un tempo entre a vexetación, acadaremos por fin o encoro roto de Vega del Tera