26 10 17 CUEVA DE LA VIEJA DEL MONTE

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Riaño (León)

PUNTO DE PARTIDA: Parte sur da ponte de Riaño (1.120 m)

ACCESO: Pola N – 625 Cangas de Onís - León

HORARIO: 4/5 h                           DESNIVEL: 500 m              DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte de Riaño (1.120 m)                 

COTA MÁXIMA: Collado Vallarqué (1.327 m)

MAPAS: I.G.N. – 105 I – II

SINOPSE: Conta a lenda, que La Vieja del Monte vive nunha cova nas montañas de León e ten un forno nunha cova preto da súa, onde amasa o pan que logo entregará ao pais para que llo dean aso seus fillos ao chegar á casa. A Vieja del Monte vive en harmonía con os animais salvaxes e dise que a acompaña un dócil lobo. Non é fácil de ver xa que anda sempre polo bosque buscando froitos silvestres.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Logo de pasar a ponte de Riaño en dirección a León temos unha pista á dereita pola que comezamos a camiñar por unha pista de terra que se interna nun piñeiral pola que seguimos ata saír do bosque no Valle de Vallarqué.

            Continuamos pola pista de terra que vai bordeando o encoro ata un punto onde atopamos unha bifurcación. O carreiro da dereita vai a unha área recreativa Las Viescas con bancos e unha fonte. O carreiro da esquerda sobe pola Canal del Moro, internándose no bosque de faias de Las Viescas ata chegar á Cueva de la Vieja del Monte, (1.150  m) encravada neste frondoso faial.

            O carreiro segue subindo por debaixo da crista da pena Vallarqué  pasando entre esta e a Peña Sarnosa para chegar ao Collado Vallarqué (1.327 m) que é o punto máis alto deste percorrido.

            Desde este lugar cambiamos de vertente e de dirección comezando a baixar cara ao Collado del Baile (1.300 m) onde existe un cruce de camiños sinalados. Cara a Las Viescas é de onde vimos, e a Carande tampouco vamos, así que collemos o camiño que indica a Horcadas, 2,5 km.

            Camiñamos un tramo en chan entrando nun faial pasando xunto á fonte Cueto Rubio. Un pouco máis adiante temos unha árbore singular que semella a figura dun oso. A partir deste lugar comeza a baixada que pasa xunto ao bebedeiro de Pecinas, situada na ladeira norte do Cueto Casnello, que deixamos á nosa esquerda segundo imos baixando. Antes de pasalo temos unha bifurcación na que calquera ramal baixa a Horcadas. Seguimos o ramal da dereita que entra no lugar entre a igrexa e o cemiterio.

            Pasado o cemiterio, sen entrar en Horcadas, sae un camiño á esquerda polo que subimos de novo, sen perda algunha, ata o Collado del Baile.

            Unha vez neste outeiro xa coñecido, baixamos polo val do rego de Vallarqué entrando no faial a altura da fonte Seca. O carreiro baixa facendo varias voltas por este fermoso faial ata entroncar coa pista, onde collemos á dereita e volvemos ao punto de saída.