26 09 18 GARMO NEGRO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Panticosa (Huesca)
PUNTO DE PARTIDA: Baños de Panticosa (1.640 m)
ACCESO: Desde a estrada que sobe ao Portalet, coller a A-2606 dirección Panticosa. Desde a estrada xeral 11 km ata Baños de Panticosa.
HORARIO: 6/7 h DESNIVEL: 1.450 m DISTANCIA: 10 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Ida e volta
COTA MÍNIMA: Baños de Panticosa (1.640 m)
COTA MÁXIMA: Garmo Negro (3.064 m)
MAPA: Valle de Tena 1:25.000 de Editorial Alpina
SINOPSE: Esta ascensión carece de dificultades técnicas, pero si que é necesario ter unha boa preparación física xa que se salvan 1.400 metros de desnivel en tan solo 5 quilómetros de ascensión.
DESCRICIÓN DA RUTA: Desde o aparcamento situado á entrada do balneario de Panticosa collemos un carreiro recto situado ao norte do Ibón de Baños. Logo de cruzar o río Caldarés por unha ponte seguimos na mesma dirección uns 85 metros. Logo desviámonos ao oeste un tramo logo do cal o camiño cambia a dirección norte aumentando a pendente.
O camiño sobe en zigzags sobre un terreo granítico que nos vai achegando ao barranco de Argualas. O carreiro pasa preto dos muros de contención dos aludes é, logo de deixar á esquerda o segundo dos muros, chegamos a un cruce situado na Mallata Baja.
O camiño da dereita e o que sobe aos picos Garmo Negro, Argualas e Arnales, será polo que seguimos. Ao pouco, o carreiro xira á dereita meténdose no bosque de pino negro, pero por pouco tempo, xa que axiña saímos del para situarnos na Mallata Alta.
O carreiro segue subindo, e pouco a pouco faise máis pedregoso polo que transitamos un tramo que da paso a unha pequena canle pola que atravesamos un gran bloque de pedras. Neste tramo debemos prestar atención a os fitos de pedra que nos guiarán.
O camiño xira ao oeste atravesando o rego Pondiellos (2.527 m) cara ao Collado Argualas por unha zona de pedreira onde debemos prestar atención. Chegado ao Collado Argualas (2.790 m) o camiño vai xirando á dereita para superar a derradeira rampla que nos separa do cume.
Dende o cume, nun día despexado, as vistas son espectaculares. Podemos ver cumes tan emblemáticos como o Midi d´Ossau, o Vignemale, o Balaitús, Monte Perdido, Anayet e todos os do Pirineo Occidental como o Bisaurín, Castill d´Acher, etc. e máis preto podemos contemplar ao detalle os Picos del Infierno con a súa “Marmolera”.
Agora toca baixar polo mesmo camiño pero deberemos ter moita máis precaución na baixada que na subida para evitar un esvarón con posibles complicacións.