26 05 16 COLLADA LLOMENA - PEÑA SALÓN - EL TOYU - PUENTE VIDOSA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Ponga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Collada Llomena (998 m)

ACCESO: Desde Cangas de Onís pola estrada N-625 ata Puente Vidosa. Aquí seguir pola PO-2 que vai a San Juan de Beleño.

HORARIO: 5/6 h                           DESNIVEL:                          DISTANCIA: 12,5 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Puente Vidosa (286 m)           COTA MÁXIMA: Peña Salón (1.245 m)

MAPA: I.G.N.  55 – III

SINOPSE: Os desniveis de subida desta ruta son moi sinxelos, non así a baixada onde teremos que esforzarnos en varios tramos e mirar onde poñemos os pés.

            Camiñada fermosa onde as haxa que pasa pola Majada de Les Bedules e achégase ao Bosque de Peloño. As vistas desde o modesto cume de Peña Salón son impagables así como o paso de El Toyu, a aldea abandonada de Biamón e a Senda do Carteiro que baixa cun trazo imposible ata a estrada dos Beyos.

            Non se pode pedir máis para un día no monte.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Na Collada Llomena (998 m) sae un camiño cara ao norte que vai ao pico Pierzu e outro en dirección sur que vai á Les Bedules. Collemos este último accesible ás cadeiras de rodas. Camiñamos polo monte de La Cerra subindo suavemente ata o outeiro do mesmo nome (1.060 m.), pasamos xunto á Majada El Fontricu e logo dun tramo chan chegamos a unha bifurcación á entrada da Majada de Les Bedules (1.085 m). Nestes primeiros 2 km. temos varios puntos que ofrecen moi boas panorámicas: podemos ver a Peña de Taranes, o Tiatordos o Recuencu e moitos cumes dos Picos de Europa.

            Agora a pista segue por debaixo das cabanas de Les Bedules en fácil subida ata o cruce de La Biforcadera (1.200 m) onde collemos un ramal á esquerda que baixa a un cruce xunto a unha cabana (1.094 m). Seguimos o camiño do medio subindo polo prado un pequeno tramo para despois comezar a baixar cara ao cruce de camiños de Collado Baxeñu (1.034 m.).

            Neste cruzamento de camiños, o da esquerda baixa a Viego, o da dereita a Viboli e de fronte, o que seguimos, sae o Camín del LLaciu que leva a Casielles, facendo varios zigzags en subida a través da Foz de la Güérgola. Unha vez superado este empedrado paso, na parte superior collemos un carreiro á esquerda que atravesa monte raso ata o cume de Peña Salón.

            Retomamos o camiño de volta baixando por onde subimos ata preto do Collado Baxeñu, pero antes de chegar a el, seguimos un carreiro á dereita que baixa por debaixo da impresionante parede de Peña Salón. No remate desta parede temos un paso cara á dereita que sobe seguindo un carreiro que nos leva á cova de El Toyu, curioso paso a través desta cova que superamos para logo seguir cruzando un faial ata o cimbro de Nochendi (940 m) onde existen varias cabanas. Desde este lugar baixamos polo Camín de la Tobera ata o despoboado de Biamón.

            En Biamón sae unha pista cara ao sur que vai a Casielles e cara ao leste, comeza a Senda do Carteiro, chamada así porque é o carreiro que seguía esta persoa de Biamón. O carreiro cruza o contraforte da serra polo Seu Baxu baixando con innumerables zigzags no primeiro tramo para virar máis tarde outro tramo menos vertical ata chegar a canle de Degüera onde volve a coller gran desnivel pola pedreira ata baixar á estrada.

            Unha vez na estrada, camiñamos por ela un quilómetro ata Puente Vidosa.