26 01 17 SENDA VERDE DE LA ESPERANZA - PICO LLOSORIO

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Morcín, Mieres e Riosa (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Polideportivo de La Foz de Morcín (260 m)

ACCESO: Na autoestrada A – 66, coller a saída 35 e logo seguir pola estrada N – 630 ata a AS – 231 con dirección a MorcínRiosa.

HORARIO: 5/6 h                         DESNIVEL: 800 m              DISTANCIA: 13,5 km

DIFICULTADE: Media                  TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Polideportivo de La Foz (260 m)                  

COTA MÁXIMA: Pico Llosorio (998 m)

MAPAS: I.G.N.-  52 – II – 53 – I

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza para todo o grupo no polideportivo de La Foz. Camiñamos entre o polideportivo e o colexio público ata a pista que hai na parte traseira. Alí collemos á dereita por pista asfaltada ata a primeira bifurcación onde seguimos o ramal da esquerda que sobe cara a parte superior deste núcleo de poboación.

            Máis arriba aparece outra bifurcación onde podemos coller por calquera das rúas sempre en dirección ao rego. Una vez xunto ao rego, irán aparecendo sinais da Área recreativa de La Esperanza. O camiño, con tramos empedrados, pode estar esvaradío pero nesta subida con as debidas precaucións, sóbese sen problema.

            Seguimos camiñando sen perda algunha para chegar a unha bifurcación con sinais onde seguimos de fronte, o camiño que aparece pola esquerda tamén procede de La Foz. Levamos uns dous quilómetros de camiñada e aparece ante nós a área recreativa da Mina de La Esperanza (455 m). Uns metros antes da área recreativa, á esquerda podemos ver unha boca mina. A área está provista de mesas e bancos e seguindo ata a parte superior podemos ver a boca mina de La Esperanza.

            Desde esta área recreativa, cara ao sur, parte un camiño que era unha antiga vía de tren. Camiñamos por ela pasando xunto ao miradoiro de Morcín, e máis adiante aparece unha boca minta e un pequeno túnel xunto ao cal temos que pasar.

            A poucos metros, pola dereita, temos un ramal que volve a La Foz. Esta sería a opción curta que se pode alongar un pouco máis seguindo esta vía verde ata Villameri e desde aquí pola pista de acceso a esta poboación, baixar á La Ara e seguir pola estrada ata o lugar de La Foz.

            A xente que vai ao pico Llosorio, ten que cruzar Villameri cara a súa parte superior onde parte unha pista que sobe facendo varios zigzags no seu comezo pola lomba do monte. Esta pista pasa xunto a un refuxio, que nos queda á esquerda, e chega a liña do cordal superior na Campa La Gallina.

            Unha vez aquí, collemos á esquerda seguino a liña de gas ata preto do cume Llosorio onde nos temos que apartar para subir e esta modesta montaña pero, que en días despexados, ofrece unhas panorámicas excelentes.

            De volta na liña de gas, seguimos en dirección norte cara ao pico La Vara. Máis adiante temos o pico Caneo ou Rasón polo que tamén pasa a camiñada para chegar de seguida ao Collado Plano (710 m).

            Neste cimbro, xiramos á esquerda collendo un carreiro que baixa cara ao bosque. Posiblemente o tramo máis fermoso do percorrido, ata que enlazamos con o camiño de subida polo que volvemos a La Foz.