20 04 10 MACIZO DE HORNIJO (Adiada pola pandemia)

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Soba e Ruesga (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: Astrana (620 m)

ACCESO: Desde a estrada que sobe aos Collados del Asón, cóllese a que vai a La Gándara e desde aquí a Astrana.

HORARIO: 5/6 horas          DESNIVEL: 420 m de subida / 910 m de baixada

DISTANCIA: 16 km            DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Riba (130 m)                   COTA MÁXIMA: Alto del Crucero (1.063 m)

MAPAS: I.G.N. – 59 – II – IV  - Macizo de Hornijo de CETYMA

SINOPSE: As singularidades xeolóxicas e as excepcionais morfoloxías kársticas e glaciares da rexión do Alto Asón na zona oriental da Cordilleira Cantábrica son polos terreos Cretácico afectados pola orogenia alpina, lixeiramente inclinados en disposición monoclinal e caracterizados por un conxunto alternante de calizas arrecifales e materiais detríticos chamado Complexo Urgoniano.

            Esta distribución alternante dos materiais unido a fracturación permitiu o desenrolo de espectaculares morfoloxías kársticas superficiais e subterráneas que forman un auténtico paraíso subterráneo. As morfoloxías glaciares están ben conservadas e adquiren notable importancia pola extensión que acadou o casquete de xeo e a súa baixa altitude orixinou cambios bruscos no trazo do Asón e diversas morfoloxías como gargantas ou derrubos.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta travesía comeza en Astrana (Valle de Soba). Entre a igrexa e unha casa con entrada porticada sae  unha pista, un cartel indícanos o PR – S – 13 AstranaRivas. Pola pista saímos do lugar subindo por  una zona despexada e ao pouco temos unha curva á dereita e seguimos por esta ampla pista.

            Aos seiscentos metros do comezo atopamos un desvío cara á esquerda, o que non collemos, seguimos de fronte por o camiño de formigón que vai subindo e que xa nos permite ver ao fondo o Mazo Grande ou Mazo de San Pedro (1.211 m) e o Mazo Chico (1.126 m) pertencentes a Sierra de Hornijo. A zona entre ambos é coñecida como Entremazos, que é por onde imos pasar nós. Tamén podemos apreciar á esquerda o Pico Tejes (1.189 m), lugar onde se atopa Garma Ciega, pertencente ao Sistema Mortillano.

            Atopamos unha sinal que nos desvía cara á Torca del Mortero de Astrana, unha cavidade monumental.

            Continuamos pola pista principal na que aparecen as marcas brancas e marelas, deixando un primeiro desvío á man dereita e logo outro á man esquerda. Seguimos de fronte entrando nun pequeno faial e nese punto aparece unha bifurcación pola dereita que vai a S.Pedro de Soba. Seguimos pola pista principal xirando lixeiramente á esquerda o que nos leva a un grupo de cabanas, rodeado de verdes praderías; o lugar chámase Juan Briza.

            Seguimos sen coller ningún desvío facendo unha gran curva á dereita, pasadas as cabanas, a pista volve a empinarse ata rematar nunha zona ancha. Neste lugar xiramos á esquerda seguindo un camiño que nos deposita nas abas do Mazo Grande situado á nosa dereita e un pouco máis adiante, á esquerda temos o Mazo Chico e diante de nós o Collado Entremazos.

            Camiñamos entre os dous Mazos e o camiño volve a empinarse lixeiramente ata chegar a un cruce onde o camiño da dereita vai ao pico Hornijo e pola nosa dereita temos Llana la Cueva. Seguimos de fronte deixando á nosa dereita a zona coñecida como La Espina e acadando así o punto máis alto da ruta, Alto del Crucero (1.065 m). Á nosa esquerda queda o Pico Tejes (1.189 m) xunto ao Mazo Chico (1.126 m).

            A partir de aquí, o camiño comeza a baixar lixeiramente cara ao val de Ruesga, deixando á dereita o cordal de Hornijo e á esquerda a Porra de Mortillano. Un pouco máis adiante, con días claros xa podemos ver o mar.      

            A pista fai dúas curvas moi pechada e logo da segunda curva, abandonamos o camiño principal collendo un carreiro que sae pola esquerda. Pasamos xunto a unha cabana en ruínas e entramos no Hoyo Salzoso logo de pasar unha cerca, zona moi fermosa entre grandes prados salpicada de grandes rochas, xunto con cabanas moitas delas en mal estado. Pasadas as primeiras cabanas estamos dentro do Hoyo Salzoso, o segundo máis fondo e grande da zona. A partir de aquí o camiño faise máis incómodo e perigos polas pedras e sobre todo si está molladas.

            Pasamos xunto aos postes que sinalan o límite dos concellos de Soba e Ruesga, e on gran bosque de faias. Si o día está claro poderemos ver a costa de Laredo e Santoña.

            O impresionante faial atópase xusto antes do Hoyo Masayo, o cal  temos que atravesar. Continuamos con coidado a baixada ao faial, entre a espesura podemos ver abaixo, unha extensa zona desprovista de árbores, é o Hoyo Masayo, de grandes dimensións, parecido a algún dos “jous” de Picos de Europa, pero a moita menos altitude e cuberto de herba.

            O camiño bordea esta gran depresión pola marxe dereita, moito máis fácil que baixar ao burato e volver a subir. Logo da circunvalación retomamos o camiño empedrado, que baixa por outro faial asentado entre rochas. O  camiño é relativamente cómodo, conservando tramos en bo estado, como o da ponte Carcajil. Logo da salvaxe espectacularidade destes paraxes, chegamos a La Cerroja pasando entre as cabanas por estreitos carreiros continuando a baixada.

            Pasados os prados, regresamos aos dominios das aciñeiras,  retomando o camiño empedrado. Á dereita deixamos a fonte de Las Pilucas, que fornece de auga a Riva, nunha  das curvas do camiño. Máis abaixo, o camiño pasa xunto a unhas cabanas desembocando nun canellón entre tapias, que nos leva a Riva, capital do concello de Ruesga á beira do río Asón.