26 02 21 BOSQUES E BRAÑAS DE ALLER
| PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Aller (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de Las Moyás (720 m)
ACCESO: Esta área recreativa está situada arriba de Felechosa na estrada AS – 253 que vai desde Ujo ao porto de San Isidro.
HORARIO: 6/7 h DESNIVEL: 900 m DISTANCIA: 17 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: El Pino (625 m) COTA MÁXIMA: Collá de La Valencia (1.302 m)
MAPAS: I.G.N. – 78 – II – 79 – I
SINOPSE: Esta camiñada amosa unha pequena parte do concello de Aller un patrimonio moi ben conservado como son os montes, maioritariamente de faias e innumerables brañas.
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte da área recreativa de Las Moyás, xunto á estrada que sobe ao porto de San Isidro xunto á ponte de La Muñeca. A primeira parte desta camiñada transcorre polo sendeiro PR – AS 30 Ruta de las Brañas Alleranas.
Este camiño sobe pola parte alta do Val Cuadrazos ata a Collá Celleros (970 m) lugar onde abandonamos o PR, collendo un camiño á esquerda que baixa en dirección norte cara á braña de La Llamarga e un pouco máis adiante aparece a braña de La Morana. O camiño transcorre polo faial do monte Cechero chegando a unha ampla pista. Esta pista á esquerda baixa a Felechosa pero nós seguimos pola dereita subindo por ela con o monte Cebarón á nosa esquerda.
A pista fai varias voltas ata chegar ao Alto La Vallina (1.032 m) onde temos un cartel informativo preto da fonte Cebarón. Nesta bifurcación temos dúas opcións: Pola esquerda, pasamos xunto a dita fonte onde collemos á esquerda camiño do Collado La Palanca (1.135 m) despois do cal o camiño tallado na rocha pasa pola zona do Pinganón de La Mornera e xunto á fonte de Los Esplones (1.180 m) e desemboca na braña de El Otero (1.260 m) onde tamén hai unha fonte.
Nesta braña, entroncamos con o PR das Brañas Alleranas, o camiño xira á esquerda, dirección noroeste, cara á Collá de La Valencia (1.302 m), punto máis alto deste percorrido. O camiño segue na mesma dirección internándose nun pequeno bosque que da paso á Collá La Felguera, lugar de cruce de camiños, onde pola dereita baixaríamos a Soto de Agues pola Ruta del Alba.
O noso camiño xira á esquerda e comeza a baixar polo Val de Fresnedo entre brañas e arborada camiño de Felechosa. Entramos nesta poboación xunto á capela de As Angustias onde xiramos á dereita para atravesar todo o lugar. Camiñamos polo centro desta poboación para atravesar a estrada xeral e coller a rúa que cruza por unha ponte o río de San Isidro. Logo de cruzar o río temos unha bifurcación onde collemos o ramal da dereita para seguir a Senda Verde de Foyoso. Despois de camiñar un quilómetro chegamos a unha ponte pola que atravesamos o río Pino collendo a pista á dereita que nos leva a El Pino.
RUTA CURTA
A ruta curta ten un desnivel de 550 m e unha distancia de 11 km. A descrición do itinerario desta ruta é o mesmo ata o Alto La Vallina (1.032 m). Nesta bifurcación, cóllese o ramal da esquerda que cruza polo norte o monte Cebarón e entronca con o PR das Brañas Alleranas a 1,2 km por riba de Felechosa.