17 05 20 Do Porto de San Lorenzo a Barrio polo Camiño da Mesa

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

Ptº S. Lorenzo - Braña La Magdalena - Barrio

Ptº S. Lorenzo -  Braña La Mesa - Barrio

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Somiedo e Teverga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Porto de San Lorenzo (1.394 m)

ACCESO: Desde Cornellana pola estrada AS – 15 que vai a Cangas del Narcea. En San Martín de Lodón collemos a AS – 227 que vai ao porto de Somiedo. No lugar de La Riera, deixamos esta estrada desviándonos á esquerda pola AS – 265 que vai a San Martín de Teverga.

HORARIO: 5/6 horas        DESNIVEL:              DISTANCIA: 18 / 23 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

MAPAS: I.G.N. – 76 – II – 77 – I – III

COTA MÍNIMA: Torce (830 m)                COTA MÁXIMA: Braña de La Mesa (1.768 m)

SINOPSE: O Camín Real de la Mesa discorre polos concellos de Somiedo, Teverga, Belmonte de Miranda e Grado, atravesando parte dos espazos protexidos do Parque Natural de Somiedo, Parque Natural de Las UbiñasLa mesa e o Paisaje Protegido del Pico Caldoveiro. A súa historia remóntase aos momentos previos a conquista romana. Dado a súa orixe pre romana, atópase balizado por multitude de estacións megalíticas. Aparecen necrópoles, especialmente ao longo do Cordal de Porcabezas e as súas serras laterais, entre Belmonte, Teverga e Grado, principalmente. Existen numerosos túmulos como os de Piedraxueves, El Cumalón, Sierra de Santa Cristina, Campo de Cueiro, La Forcada, Peñas Negras, Balboa ou La Escrita.

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñar no porto de San Lorenzo (1.394 m) cara ao sur, por ancho camiño apto para vehículos todo terreo. Subimos polas praderías de Tarazal, onde podemos ver cabalos e vacas pacendo. O camiño ben marcado pasa pola parte alta dun bosque de bidueiros e faias que da paso ao porto de Piedraxueves (1.541 m), con amplas praderías.

            O camiño xira en dirección sureste polas abas de Peña Michu (1.766 m) en continua e leve subida ata Xuegu La Bola (1.623 m). Desde aquí podemos ver o Valle de Saliencia, na súa parte alta, quedado á esquerda o pico de Peña Negra. Comezamos a baixar cara a braña de La Corrá (1.570 m), con cabanas de teitos ou escobas. O camiño, de bo firme, vai encaixado en chan con vistas ao Valle de Saliencia, pasando polas abas de Peña Negra, pola zona de La Retuerta alcanzando así o cimbro de La Sedernia (1.643 m), lugar desde o que se poden ver distintas brañas. O camiño faise máis levadeiro para chegar ao Puerto de La Magdalena (1.546 m), onde existiu unha venta da que non queda nin rastro, sendo punto de encontro de diversos camiños e pistas gandeiras.

            Neste lugar temos un desvío que pola braña de Fonfría baixa a Barrio.

             Non obstante, seguindo o itinerario percorremos a faldra note de Las Gabitas (1.671 m), onde se abica El Muro (1.642 m), antiga fortificación desde a cal, en días despexados podemos ver parte dos concellos de Teverga, Quirós, Proaza e Riosa con os macizos calizos de Sobia e Aramo. Chegamos así ao cimbro de Los Cumales (1.668 m) comezando unha baixada pola vertente somedana ata o regato de Arroxu para, de seguida, comezar a subida paralela a este regato entre a Sierra de los Bígaros e o cordal de La Mesa ata a braña de La Mesa (1.768 m) onde existen aínda unhas cantas cabanas.

            Aquí, abandonamos o Camiño da Mesa para baixar pola esquerda cara a braña de Torce, que tamén conserva algunha cabana. O sendeiro convértese en camiño de pedra baixando entre rochas e piornos polas paraxes de Trasmabedules. Logo de cruzar un bidueiral chegamos a Las Segadas e desde aquí a Pasu Malu, un camiño que baixa vertixinosamente ata a canle do río, no val de La Cundia Negra. O camiño aquí, conserva o empedrado orixinal case todo o recorrido ata enlazar coa pista de terra que nos leva a Torce (830 m), onde temos unha fonte con lavadoiro e unha igrexa con o seu teixo.

           Desde Torce, baixaremos un quilómetro e medio por pista asfaltada ata o lugar de Barrio.