05 11 20 Lagunas Tsautsinas (Cangas del Narcea) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Villablino (León) - Cangas del Narcea (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA:Estrada que une Caboalles de Abajo con Cerredo. CL – 626, quilómetro 3,600 .

ACCESO: Dende Cangas de Narcea, a través do porto de Leitariegos pola AS – 213 cara a Villablino. En Caboalles de Abajo desviámonos pola CL – 626 en dirección a Degaña.

HORARIO: 5/6 horas                                  DESNIVEL: 520 m. de subidas/ 840 m. de baixadas             

DISTANCIA: 15 km.                DIFICULTADE: Baixa/media                 TIPO DE ROTA: Travesía       

MAPAS: I.G.N. - 101 – I – 76 – III

SINOPSE: Situadas na Sierra de Zarza, entre bosques e praderías, as lagoas nunha veiga solitaria son un remanso de paz. Dende o cimbro que as separa, podemos ver as dúas lagoas que son o nacemento do río Narcea e do río Molín, baixando o primeiro cara ao sur e o Molín cara ao norte. Máis tarde o río Molín, tributa as súas augas ao Naviego e este, preto de Cangas, ao Narcea.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A camiñada de hoxe comeza na estrada de Caboalles de Arriba en dirección a Cerredo. Uns 200 m. antes dunha curva moi cerrada (1.160 m.), debemos coller unha pista mineira que nos interna na Veiga del Palo. No primeiro tramo da andaina seguimos o trazado da pista  que en dirección noroeste nos interna a través desta ampla veiga.

            Despois de dous quilómetros deixamos a nosa dereita a escola Laboral de Laciana (1.250 m.), cruzando o regato de Fleitina que será sempre o noso compañeiro ata o cimbro de Collado Alto.

            Seguindo sempre a pista mineira, facemos dúas curvas cerradas ata que chegamos ao lugar de Los Texos de la Fleitina onde abandonamos a pista para coller un camiño (1.350 m.) que sae a dereita. Non temos perda ningunha porque seguiremos sempre o regato que en todo momento será o noso guía ata moi cerca do seu nacemento, quedando a esquerda diversas cabanas e edificacións mineiras.

            Vamos sempre na mesma dirección atravesando o regato (1.400 m.) cando xa temos cerca as primeiras árbores do monte da Vega del Palo. Cruzamos o leito do río varias veces máis, entre árbores especialmente bidueiros, sempre subindo comodamente polo antigo camiño que comunica con Monasterio de Hermo.

            Así chegamos ao Collado Alto (1.481 m.), para entrar na cunca do Narcea. Dende este lugar podemos ver parte do bosque de Monasterio de Hermo, polo lado esquerdo do val. Baixamos momentaneamente ata un cruce de camiños (1.450 m.). A esquerda e costa abaixo vaise a Monasterio de Hermo, pero nosoutros collemos a dereita subindo cara ao norte, deixando o Narcea, que aínda é un regato, a nosa esquerda.   

            Continuamos polo val arriba entre pequenos bosques de faias para chegar ao humidal que da nacemento ao Narcea (1.603 m.) chamado Laguna Los Cobradores ou Changreira, xa moi próxima a un amplo cimbro que da paso a vertente do río Molín.

            A seguinte veiga da paso a braña Tsautisa ou Chauchina onde hai dúas cabanas e a lagoa que se forma no nacemento do río Molín. Aquí seguimos pola marxe esquerda da lagoa e, por debaixo das cabanas. Pasamos xunto a unha fonte, tendo un desvío a dereita que nos leva a cova do Mouro.

            Nosoutros vamos de fronte cara a un bosque de faias, o cal temos que atravesar para baixar a un fermoso claro que acolle unha pradería. Cruzamos este prado en toda a súa lonxitude para meternos de novo no bosque de faias con algúns exemplares de acivros. Pasaremos dúas portiñas de arames que deixaremos pechadas, para que non escape o gando.

            O sendeiro, sen perda, vai baixando paralelo ao río, pero de momento moi por riba del, ata a aldea de Riomolín, que cruzamos para acadar unha pista asfaltada.

            Seguimos esta pista que nos leva en tres quilómetros a Vegameoro (760 m.) e despois, en subida, ao cruce de Villager (840 m.) onde nos agarda o autocar.