26 10 17 CUETO CABRÓN - PICO GILBO

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Riaño (León)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Riaño (1.120 m)

ACCESO: Pola N – 625 Cangas de Onís - León

HORARIO: 4/5 h                           DESNIVEL: 600 m              DISTANCIA: 9,5 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular 

COTA MÍNIMA: Ponte de Riaño (1.120 m)       COTA MÁXIMA: Gilbo (1.675 m)

MAPAS: I.G.N. – 105 I – I

SINOPSE: Visto desde Riaño, non é de estrañar que chamen ao Gilbo o Cervino Leonés. Atopamos cumes moito máis altos que rozan ou superan os dous mil metros pero ningunha pode competir con esta espectacular pirámide de rocha, que se levanta maxestosa sobre as augas do encoro de Riaño.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Logo de pasar a ponte de Riaño en dirección a León temos unha pista á dereita pola que comezamos a camiñar por unha pista de terra que se interna nun piñeiral pola que seguimos ata saír do bosque no Valle de Vallarqué.

            Continuamos pola pista de terra que vai bordeando o encoro ata un punto onde atopamos unha bifurcación. O carreiro da dereita vai a unha área recreativa con bancos e unha fonte. O carreiro da esquerda sobe internándose no bosque de faias de Las Viescas ata chegar á Cueva de la Vieja del Monte, encravada no frondoso faial de Las Viescas.

            O camiño de hoxe segue de fronte, deixando a área recreativa á nosa dereita, atravesamos un frondoso faial  desde o que comezamos a subir cara a unha canle que vemos perfectamente na parede leste do Cueto Cabrón. Superada esta, o carreiro xira á esquerda nun entorno moi fermoso entre faias e alcanza a parte superior da pena. Agora sen arborada, seguimos a crista, onde temos que ter coidado, ata o seu remate no Cueto Cabrón (1.539 m).

            Desandamos parte da crista para baixar pola dereita collendo un carreiro que nos deposita na base da pena. Camiñamos con o Cueto Cabrón á dereita cara a unha campeira, Collada Bachede, situada na parte norte da pena.

            Saímos do bosque e desde este cimbro subimos cara ao sur ata empalmar con o carreiro da subida normal ao Gilbo. Unha vez no cume do Gilbo, toca baixar polo mesmo camiño ata a o Collado de la Entrecima onde cambiamos de ladeira.

            Agora por carreiro marcado seguimos ata a seguinte cota do Collado de la Pedrera por terreo despexado. O camiño baixa cara ao bosque de faias que atravesamos, sempre costa abaixo ata entroncar con a pista de ida, pola que volvemos ao punto de partida xunto á ponte de Riaño.