06 01 22 Los Fontanes

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Macizo de Ubiña (Quiros – Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: Tuiza de Arriba

ACCESO: Tuiza (1.210 m.). A esta aldea lenense chégase pola estrada LE – 8 CampomanesPuerto de La Cubilla.

HORARIO: De 7 a 8 horas                     DESNIVEL: 1.207 m

DIFICULTADE: Alta             TIPO DE ROTA: Circular       MAPA: I.G.N. - 77 – IV

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota que comeza en Tuiza de Arriba, parte pola parte superior da aldea cara ao oeste seguindo un camiño que vai a veiga de El Meicín. Non e necesario chegar ata o refuxio para coller a dereita e subir pola  Riega del Portillín Fonderu ata culminar no que se chama a Forqueta del Portillín. Este sendeiro comeza na base da ladeira cruzando pola fonte Bachao para despois serpentear todo arriba ata a Forqueta.

      Preséntase a vista o bloque calcario dos Fontanes que parecen estar preto, aínda que nos queda un longo camiño por recorrer.

      Sen perder case altura, atravesamos en chan debaixo do murallón dos Portillines e por riba da gran Hoya de Cueva Palacios. Chegamos así a base do Canalón del Buey, agora por pronunciado corredor cuberto de pedras seguimos un sendeiro ben pouco marcado que se mente na canle por onde vamos subindo os duros repeitos que conflúen na Horcada del Fontán.

     Aquí damos vista a vertente da Babia, que dominamos dende a nosa posición e moitos mais cumes deste macizo.

      Seguimos pola cimeira e temos que superar un embude (perigoso con xeo), que nos deixa situados nunha terraza inclinada, en cuxa beira este se sitúa o Fontán Sur (2.408 m). Observamos dende aquí, moi preto, a abrupta cima do Fontán Norte recortada no horizonte que disputa con o Prau Fontán (2.364 m).

      Acadamos o Fontán Norte despois de superar a brecha que os separa, e unha vez arriba descansamos e botamos unha ollada a fermosa panorámica que nos rodea tratando como outras veces de descubrir os cumes situados no entorno.

      A volta podemos facela cristeando en dirección sur cara a Peña Ubiña polo Crestón del Pasu Malu, ou en dirección este, pasando xunto aos Portillines, Canalón Oscuro, Palazana e logo baixar a Tuiza dende calquera dos moitos cimbros que nos depara este cristerio.